A Asociación Salvemos Cabana recorda que a estes hai que sumar outros 24 xa operativos na zona -que xa conta con máis de 200 MW instalados-, o que pode supoñer unha ameaza de maneira directa ou indirecta para numersos xacementos, moitos dos cales “nin tan sequera foron estudados nin postos en valor froito do olvido municipal e o desinterés dos rexedores de quenda”.

A Costa da Morte conta actualmente con máis de 200 MW instalados de potencia eólica / Asociación Salvemos Cabana

Neste contexto, alerta o colectivo, a Deputación coruñesa e algúns concellos pretenden impulsar o Parque do Megalitismo sen ter en conta que este “non é compatible coa proliferación de parques eólicos na fachada atlántica do noroeste peninsular” e que “o contexto referencial a nivel paisaxístico é fundamental tanto a nivel particular como xeral, dado que a implantación nun territorio de ducias de aeroxeradores e as súas infraestruturas asociadas como tendidos eléctricos, torres meteorolóxicas e subestacións terán un impacto irreparable sobre a Costa da Morte“.

Doutra banda, para a entidade, “resulta chocante ver como se promocionan determinados bens culturais en prexuizo de moitos outros xacementos arqueolóxicos que sufren en montes e cunetas un histórico abandono por parque de quenes teñen a obriga de velar pola súa defensa e protección e que, froito do seu desinterés e ignorancia, sufren un progresivo deterioro que a día de hoxe supón unha perda irreparable para o patrimonio cultural de Galicia”.

A TURISTIFICACIÓN, UNHA AMEAZA PARA O TERRITORIO E A CULTURA

Neste senso, consideran “erróneo” o enfoque que determiados deputados provinciais lle están a dar á proposta do Parque do Megalitismo, dado que a xuizo do grupo isto “pode chegar a converter os xacementos neolíticos da Costa da Morte en obxecto dunha turistificación sen precedentes que favorece a súa masificación e deterioro, non a súa posta en valor”.

Como exemplo, citan o que está a acontecer no Dolmen de Dombate “que actualmente é o espello no que non debería mirarse o proxecto, froito dunha pésima xestión que xa ven arrastrándose dende fai décadas” que derivou na descontextualización do seu valor prehistórico ao terse convertido a instalación “nunha sorte de recinto ferial onde incluso chegaron a realizarse representacións circenses na área do Centro Arqueolóxico co beneplácito dos representantes provinciais Xosé Regueira Varela e Xosé Luis Penas Corral, que respectivamente ocupan dende o BNG as áreas de Cultura e Patrimonio y no dejan de ser cargos públicos suxeitos al escrutinio popular de la cidadanía”.

Como ven denunciando dende fai anos a entidade, a turistificación dos bens culturais, actualmente coñecida como “Síndrome de Venecia” é “o camiño ao erro”. Porque para Salvemos Cabana “non se trata nin do abandono de antes ni da esaxeración de agora”, senón “dunha actuación sensata e comedida que permita un aproveitamento racional dun legado que pertence no seu conxunto a toda a sociedade galega”.

DEJA UNA RESPUESTA