Categorías: Galiza

22 proxectos eólicos poñen en risco o patrimonio e a viabilidade do Parque do Megalitismo da Costa da Morte

A Asociación Salvemos Cabana recorda que a estes hai que sumar outros 24 xa operativos na zona -que xa conta con máis de 200 MW instalados-, o que pode supoñer unha ameaza de maneira directa ou indirecta para numersos xacementos, moitos dos cales «nin tan sequera foron estudados nin postos en valor froito do olvido municipal e o desinterés dos rexedores de quenda».

A Costa da Morte conta actualmente con máis de 200 MW instalados de potencia eólica / Asociación Salvemos Cabana

Neste contexto, alerta o colectivo, a Deputación coruñesa e algúns concellos pretenden impulsar o Parque do Megalitismo sen ter en conta que este «non é compatible coa proliferación de parques eólicos na fachada atlántica do noroeste peninsular» e que «o contexto referencial a nivel paisaxístico é fundamental tanto a nivel particular como xeral, dado que a implantación nun territorio de ducias de aeroxeradores e as súas infraestruturas asociadas como tendidos eléctricos, torres meteorolóxicas e subestacións terán un impacto irreparable sobre a Costa da Morte«.

Doutra banda, para a entidade, «resulta chocante ver como se promocionan determinados bens culturais en prexuizo de moitos outros xacementos arqueolóxicos que sufren en montes e cunetas un histórico abandono por parque de quenes teñen a obriga de velar pola súa defensa e protección e que, froito do seu desinterés e ignorancia, sufren un progresivo deterioro que a día de hoxe supón unha perda irreparable para o patrimonio cultural de Galicia».

A TURISTIFICACIÓN, UNHA AMEAZA PARA O TERRITORIO E A CULTURA

Neste senso, consideran «erróneo» o enfoque que determiados deputados provinciais lle están a dar á proposta do Parque do Megalitismo, dado que a xuizo do grupo isto «pode chegar a converter os xacementos neolíticos da Costa da Morte en obxecto dunha turistificación sen precedentes que favorece a súa masificación e deterioro, non a súa posta en valor».

Como exemplo, citan o que está a acontecer no Dolmen de Dombate «que actualmente é o espello no que non debería mirarse o proxecto, froito dunha pésima xestión que xa ven arrastrándose dende fai décadas» que derivou na descontextualización do seu valor prehistórico ao terse convertido a instalación «nunha sorte de recinto ferial onde incluso chegaron a realizarse representacións circenses na área do Centro Arqueolóxico co beneplácito dos representantes provinciais Xosé Regueira Varela e Xosé Luis Penas Corral, que respectivamente ocupan dende o BNG as áreas de Cultura e Patrimonio y no dejan de ser cargos públicos suxeitos al escrutinio popular de la cidadanía».

Como ven denunciando dende fai anos a entidade, a turistificación dos bens culturais, actualmente coñecida como «Síndrome de Venecia» é «o camiño ao erro». Porque para Salvemos Cabana «non se trata nin do abandono de antes ni da esaxeración de agora», senón «dunha actuación sensata e comedida que permita un aproveitamento racional dun legado que pertence no seu conxunto a toda a sociedade galega».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Adiós a las 40 horas: el modelo holandés demuestra que trabajar menos es vivir mejor

Una revolución silenciosa que empezó con las mujeres y desmontó el mito de la productividad…

2 días hace

El precio del calor: Filipinas arrasada por el supertifón Fung-wong

Cuando el mar hierve, los pueblos se hunden. Casi un millón de personas evacuadas, 220…

2 días hace

NACIONAL | La jueza reclama el ticket del parking de Vilaplana: la prueba que puede hundir judicialmente a Mazón

La investigación judicial estrecha el cerco sobre el expresident mientras el relato de una comida,…

2 días hace

NACIONAL | Operación ‘Proteger a Moreno Bonilla’: los médicos como chivo expiatorio del PP andaluz

Cuando el sistema falla, el poder busca culpables. Y casi siempre, los que curan acaban…

2 días hace

El imperio tras la puerta: de Gaza a Venezuela, el mismo verdugo

El capitalismo estadounidense no exporta democracia, sino muerte, hambre y obediencia EL IMPERIO QUE NUNCA…

2 días hace

NACIONAL | Vito Quiles: otro ultra al servicio de Ayuso

Mientras Ayuso lo defiende como “periodista perseguido”, el PSOE le recuerda que trabaja para ella.…

2 días hace