Victoria Portas Mariño
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade


Toda a veciñanza tíñamos a ilusión no Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2011, pero éste foi paralizado no 2009 pola dereita e así comeza o noso derrube sanitaria, proxectos paralizados, listas de agarda cada día maís longas, desvío a sanidade privada, camas pechadas, emigración dos nosos profesionais e enfermos nos pasillos.

No ano 2018 a dereita Galega consigue levar a cabo a reforma da Lei de Saúde de Galicia en contra do gran clamor da cidadanía, dicen que gobernan no Parlamento e non polo que dí a xente, eu pensaba que eles tiñan a obriga de trasladar as institucións os desexos do pobo.

Dita lei forma parte dunha estratéxia da Xunta para privatizar a atención sanitaria, trasladando a miles de pacientes da sanidade pública a privada, desmantelando  hospitais comarcais, dificultando o acceso a  asistencia especializada da poboación rural, perpetuará estructuras de xestión integrada e privatizará I+D+i.

Como en miles de  comarcas de todo o territorio a Comarca do Morrazo é unha de esas perxudicadas e esquecidas con estas novas políticas, o grave deterioro, tanto na prevención  como na resolución e tratamentos dos problemas da saúde da nosa veciñanza comezan cando o Sr. Núñez Feijóo decide recortar e privatizar o novo Hospital do Álvaro Cunqueiro. Éste era o gran proxecto público de acceso a toda a Área Sanitaria de Vigo, pero acabou deixandonos fora e con cartos públicos dá a súa xestión a mans privadas; mans privadas que están a demostrar a súa gran incompetencia para xestionar e facer que ese hospital sexa un referente.

Non chegando con deixar a máis de 46.000 persoas fora da Área Sanitaria de Vigo ( Cangas e Moaña) tamén nos deixan sen o  Centro de Saúde Aldán- O Hío, centro xa proxectado dende o 2008 e onde o concello xa cedeu os terreos, atopámonos que nin nos orzamentos da Xunta do 2016 aparece sinal, e agora en épocas de promesas eleitoral veñen a decirnos que nos terreos do Viso non e sí  en Vilariño, deixen de intentar manipular aos veciños deixen de mentir, a cesión dos terreos do Viso pasaron por  un longo estudo sobre parámetros urbanísticos de conexión etc por parte do SERGAS derrubar agora este camiño sería comezar de cero ademais de que o SERGAS tería que facer a devolución dos terreos do Viso, son promesas, soamente promesas para seguir paralizando o importante, a saúde da nosa xente.

A loita vecinal e de  movementos como A Voz da Sanidade de Cangas ou SOS sanidade pública consegue encamiñar un proxecto tan necesario como primordial como é o Centro de Alta Resolución (CAR), onde o equipo de goberno anterior do Concello ofrece catro terreos diferentes para que o SERGAS os estude e o sitúe na mellor ubicación para poder ter un Centro que cubra todas as necesidades da Comarca do Morrazo perfectamente estudado e de dereito polo núcleo de poboación o que vai dirixido.

De todolos terreo considerase que a Rúa é a mellor ubicación e por o Goberno Actual do Concello de Cangas xa marca no novo PXOM este espazo para o CAR, lugar estratéxico en cuestión de vías de comunicación e ubicación para que todas as veciñas e vecinos do Morrazo poidan chegar sen complicacións.

Comezamos novamente os contactos coa Xunta, diremoslles que para nós  CAR ou CIS, non so implica un cambio de nome xa que  o CIS que eles proxectan é co peche do nos Centro de Saúde, deslocalizalo suporía que moitas persoas sen acceso a transporte privado e medios non poderían acceder o mesmo e metelo no CIS o que debído a superficie o noso CAR quedaría mermado nun 50%, como se dí na miña terra desvestir a un santo para vestir outro.

A Comarca do Morrazo non vamos deixar que un xogo de palabras fustre o noso futuro, o noso benestar, a nosa saúde e o dereito a ser tratados igual que calquer outro cidadá. Todas e todos nos temos que involucrar nunca loita que nos afecta, o gran muro da solidariedade veciñal non será derrubado por políticas de mentira e maniobras eleitorais, coñecemos a verdade e apoiaremos  o camiño marcado, estamos máis preto do fin que do comezo.

Por unha sanidade de calidade, pública e de acceso a todas e todos.