A entidade manifesta o seu apoio e axuda ás autoridades sanitarias na loita contra o Covid-19 e a súa total colaboración e respaldo ao persoal sanitario pero recorda que o seu respaldo “non debe encubrir e silenciar as políticas anteriores que dificultan agora afrontar a crisis”.

A Área Sanitaria de Vigo perdeu un total de 517 camas durante os gobernos de Alberto Núñez Feijóo / Creative Commons

O colectivo recorda que agora o Servizo Galego de Saúde plantexa, entre outras opcións, a de utilizar hoteis con fins sanitarios e fala “e falta de camas e outros recursos”, cando en moitas áreas sanitarias galegas como a de Vigo “pechou nos últimos anos moitos centros e camas hospitalarias e reduxo persoal e servizos”.

Así, a Área Sanitaria de Vigo, perdeu un total de 517 camas, tanto no Hospital Álvaro Cunqueiro (394), coma no de Meixoeiro (71) e tamén no Nicolás Pena (52).

Asemade, recodan que tamén se pecharon para uso asistencial outros recursos sanitarios da área de Vigo, coma o Policlínico Cíes, o hospital de Rebullón ou os centros de especialidades Col e A Doblada, o que podería supoñer centos de prazas adicionais.

A asociación manifesta que o seu apoio como entidade “non debe encubrir e silenciar as política anteriores que dificultan agora afrontar a crise” e desexa “que non se repitan” e “un cambio total nas mesmas” porque “é necesario garantir no futuro” un sistema sanitario público galego “dotado dos recursos para facer fronte a calquera problema de saúde”.

DEJA UNA RESPUESTA