A entidade critica a actitude de “sacar peito” do Executivo do PP contrasta coa súa falta de autocrítica e a capacidade de recoñecer que as súas actuacións políticas a nivel sanitario na última década “son a causa de boa parte do sufrimento e das incertidumes que levan acontecido durante estas últimas semanas”.
Aínda que entende que “é moi cedo” para facer avaliacións de conxunto da pandemia “ante a falta de datos e análisis rigurosos que permitan coñecer o resultado final da situación”, hai que saber valorar “que parte das cifras se corresponden ao acerto das medidas tomadas polas autoridades e que parte ten que ver con outras situacións”, recordando que “o Goberno galego debería falar de todo isto e non só do que lles é favorable para sacar vantaxe política”.
A asociación indica que fronte a actual situación, “os servizos de Saúde Pública revélanse como unha parte esencial e fundamental” da loita contra a pandemia, e que analizando os investimentos do Goberno de Alberto Núñez Feijóo neste terreo pode apreciarse “un constante recorte orzamentario en epidemioloxía e a loita contra as infeccións”, que tan só reciben o 0,9% do presuposto sanitario, sendo a maioría para organizacións privadas.
Doutra banda -sinalan-, “a falta de camas tras os recortes do sistema público xeró temor na Xunta de que os hospitais e UCI quedaran desbordados”, pero ante este risco o Goberno do PP “apostou por protexer os intereses dos hospitais privados” e planteou a creación de hospitais de campaña, “que xa terían mostrado o seu fracaso en Madrid, e que xeraron un custe engadido e innecesario que podería terse evitado intervindo os hospitais privados”.
Ademáis, dende o Goberno Feijóo, “a xestión dos equipos de protección e outras medidas de prevención de riscos laboraris foron moi erráticas e con constantes desabastecimentos de material e medios”, tanto a nivel xeriátrico como sanitario, a pesares de ter “total capacidade de xestión” dende a Xunta nestes ámbitos.
O colectivo denuncia, asemade, que Núñez Feijóo estableceu dende o inicio da pandemia “un constante pulso e competencia do Goberno do Estado”, no que cando as cousas non funcionan “a culpa é de Madrid”, pero cando van ben, o seu Goberno “é un paradigma da eficacia”.
Neste senso, poñen o exemplo dos test diagnósticos, que primeiro se consensuaron a nivel central, despois foron desprezados e 48 horas máis tarde volvéronse a poñer en valor decidindo utilizalos para competir co Estado con un estudo epidemiolóxico “con eses test diagnósticos que parecía que non cumprían un mínimo de estándares de calidade”.
O colectivo conclúe que a realidade das políticas da Xunta de Galicia no terreo sociosanitario “requiren dunha urxente avaliación”, pois a pandemia “revelou unha situación moi preocupante e unha talta total de supervisión e vixilancia por parte das autoridades sanitarias” e a cesión das residencias “a unhas empresas multinacionais ou da Igrexa” que en moitos casos “antepuxeron os beneficios económicos por diante das necesidades dos usuarios”. Por este motivo a AGDSP solicita unha “urxente auditoría” e “que se depuren as responsabilidades que se deriven de estes resultados”.
«Si uno de los nuestros comete una atrocidad, tenemos que actuar», afirma el abogado Michael…
El “visionario” convertido en burócrata de Trump pierde el favor del pueblo tras despedir a…
Cayó un 5,4% interanual en marzo, mientras el Gobierno celebra “recuperación” y el pueblo no…
La universidad más prestigiosa del planeta acusa al Gobierno de utilizar el antisemitismo como coartada…
La universidad más antigua de Estados Unidos planta cara a la ofensiva ideológica de Trump…
La escalada de aranceles entre Estados Unidos y China ha degenerado en un callejón sin…