O colectivo afirma que aínda que a incidencia da pandemia «non tivo afortunadamente a virulencia de outras comunidades autónonas», esta situación non garda relación directa coa actuación da Xunta de Galicia, senón con características específicas de nivel rexional como ruralidade, baixa contaminación, dispersión poboacional ou temperatura media.

Para a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, as políticas de privatización das residencias de Alberto Núñez Feijóo e o seu Goberno caracterizáronse por «irregularidades» e «amiguismos» nas adxudicacións e unha posterior falta de controis por parte da Consellería de Política Social / xunta.gal

Sen embargo, valoran que a situación das residencias de maiores, que sufriron prácticamente a metade dos decesos por coronavirus a nivel galego, sí que está «directamente relacionada» coas políticas de Alberto Núñez Feijóo e o seu Goberno do PP «de privatizar boa parte das mesmas».

Así, según recordan, o informe do Consello de Contas de Galicia e as denuncias de familiares e traballadores destas institucións, este proceso de privatización caracterizouse por «irregularidades» e «amiguismo» na súa adxudicación, falta de controis por parte da Consellería de Política Social e da propia Xunta de Galicia, e outros factores como escaseza de persoal, deficiencias nas instalacións e iucumprimento dos protocolos de funcionamento.

Para a entidade, «é evidente a relación entre as malas condicións de moitas delas e a deficiente xestión do problema por parte da Xunta e a Consellería co elevado número de persoas afectadas, tanto nos internados coma nos traballadores, que veñen realizando un inxente traballo pese á falta de recursos e equipos de protección adecuados».

Pola súa banda, estas empresas, según denuncia o colectivo, pertencen a multinaciois e a fondos de investimento e actuaron «sen transparencia e sen informar adecuadamente aos familiares e á poboación», xerando «unha gran alarma social».

Por este motivo, dende a AGDSP veñen de solicitar á Fiscalía e á propia Xunta de Galicia a intervención inmeditata das residencias onde se concentrou toda a problemática provocada pola COVID-19 e a apertura dunha auditoría «para coñecer e depurar responsabilidades» sobre o proceso de privatización das residencias, as condicións das mesmas a nivel de ratios de persoal, as instalacións, o equipamento e grao de cumprimento dos protocolos e as condicións laborais das plantillas.

Asemade, esixen a reintegración ao sistema público das residencias co obxectivo de «garantir a saúde e a seguridade das persoas», e o desenvolvemento e aplicación da Lei de Dependencia «para que o maior número posible de persoas maiores que o desexen poidan percibir axuda para seguir viviendo nos seus domicilios».

Por último, consideran necesario que o Goberno galego dé conta dos resultados deste proceso de auditoría de das medidas adoptadas ao respecto no Parlamento de Galicia, aos sindicatos e a opinión pública.

DEJA UNA RESPUESTA