A alcaldía da localidade ordeou ao colectivo vinculado á mineira cobre San Rafael a retirada inmediata dos afiches por carecer da autorización correspondente.
Jesús Martínez Pereira, alcalde de Touro en funcións, respostou a unha solicitude do grupo municipal do BNG e do seu responsable Xoan Louzao a finais de agosto manifestando o rexeitamento do concello á ocupación do mobiliario urbán por parte da autonomeada «Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro-O Pino». Polo momento, o BNG local aínda non reaccionou ao flagrante incumprimento da normativa por parte da entidade da mineira.
Segundo relatan testemuñas presenciais, os carteis a prol da mina de Touro foron colocados durante o verán por persoal vinculado a Cobre San Rafael, chegando a incluso a utilizar os vehículos da empresa para tal fin, provocando a indignación da veciñanza da localidade que viu como, logo de cancelar a Xunta o proxecto pola súa inviabilidade técnica e ambiental, estase a interntar reflotar o proxecto por parte de Cobre San Rafael e as súas empresas matrices, Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas.
Este novo intento ven da man da asociación creada dende a contorna da mineira, que está a servir de ferramenta aos promotores do proxecto para xerar división social na veciñanza. Neste senso, dende o colectivo veciñal Cornado Nina Non sinalan que a suposta plataforma está «claramente vinculada á empresa promotora do fallido proxecto e dirixida por enxeñeiros e outro persoal do sector extractivista» que provén de diferentes puntos da península.
Dende o colectivo veciñal advirten que a empresa promotora utiliza esta entidade instrumental co obxectivo de presionar á Xunta e favorecer a reactivación dun proxecto «inviable e insostible segundo os técnicos da administración galega» empregando as súas accións para provocar de forma intencionada «un conflito social e fragmentar á sociedade».
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…