O Goberno galego lanza unha nota de prensa con escasa repercusión mediática logo de enviar ao director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces, actualmente investigado pola Fiscalía de Medio Ambiente por un caso de presunta prevaricación ambiental, a «facerse a foto» nas obras do parque eólico de Neda, que a empresa Norvento está a instalar entre os concellos lucenses de Abadín e A Pastoriza.
Segundo informa a propia Xunta no comunicado, «Tahoces felicitou á compañía galega polo seu traballo con Neda» e «congratulou aos alcaldes dos concellos de Abadín e A Pastoriza», do PP e o PSdeG.
O de Neda forma parte da oleada dos 18 novos proxectos que ven de permitir o Executivo autonómico por todo o territorio galego, e únese a outros proxectos similares promovidos por Norvento, como os parques eólicos Sasdónigas I e II, Cadeira, A Pastoriza, Carracedo e o parque eólico singular de Mondoñedo.
MANOBRA MEDIÁTICA FRONTE Á OPOSICIÓN POLÍTICA E SOCIAL
Esta manobra mediática do Partido Popular no Goberno da Xunta obedece á presentación este luns dunha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galicia por parte do vicevoceiro de do Grupo Parlamentario de En Marea e portavoz nacional de Anova Antón Sánchez, na que ven de solicitar a elaboración dun novo Plan Sectorial Eólico que sexa respectuoso co medio ambiente e coa poboación rural e que introduza novas formas de participación primando a xeración de emprego de calidade fronte ás actuais políticas desenvolvidas polo PP a nivel galego.
Sánchez, en recentes declaracións aos medios, xa manifestou que «para Galiza non é unha prioridade instalar sí ou sí parques eólicos a calquera prezo», e que o modelo de desenvolvemento eólico desenvolvido polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo entrega os recursos naturais e o territorio «a grandes conglomerados de fondos voitre, bancos, construtoras e eléctricas», uns axentes económicos que se «están a facer de ouro» a costa dun recurso público coma o vento e demostrando en moitos casos «unha total falta de respecto» polo patrimonio natural, cultural, a paisaxe, e a xente que vive no rural, como está a pasar nos parques eólicos de Paradela e a Serra do Oribio.
Precisamente a este último proxecto fixo referencia o deputado este luns en rolda de prensa, denunciando que o parque eólico Serra do Oribio, entre os concellos lugueses de Triacastela e Samos, estase a instalar dentro dun espazo protexido da Rede Natura 2000 «que debera estar preservado», tal e como marcan tanto a Lei 8/2009, do Sector Eólico de Galicia e o Plan Director da Rede Natura, que exclúe expresamente a construción de parques eólicos neste tipo de áreas protexidas a nivel europeo.
Para Antón Sánchez, a aprobación por parte do Executivo galego do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicial publicado no Diario Oficial de Galicia o 14 de agosto «fíxose para vestir ao santo e legalizar unhas obras que xa se estaban a realizar ilegalmente» nun procedemento no que se ocultou información á cidadanía «do feito máis opaco posible». Por este motivo, anunciou a presentación dun recurso administrativo contra esta resolución.
O vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea considera que a lexislación aprobada polos poderes públicos ten que defender «o interese xeral», o que non está a acontecer no caso galego porque o sector eólico que defende a Xunta de Feijóo «é un negocio privado moi suculento» que factura anualmente uns 600 millóns de euros.
Una revolución silenciosa que empezó con las mujeres y desmontó el mito de la productividad…
Cuando el mar hierve, los pueblos se hunden. Casi un millón de personas evacuadas, 220…
La investigación judicial estrecha el cerco sobre el expresident mientras el relato de una comida,…
Cuando el sistema falla, el poder busca culpables. Y casi siempre, los que curan acaban…
El capitalismo estadounidense no exporta democracia, sino muerte, hambre y obediencia EL IMPERIO QUE NUNCA…
Mientras Ayuso lo defiende como “periodista perseguido”, el PSOE le recuerda que trabaja para ella.…