Nun comunicado feito público hoxe con motivo da inauguración das novas instalacións no concello de Mos recordan que aínda que non poden achegarse ao acto inaugural polas restricións impostas pola COVID-19, o seu rexeitamento está presente a proxecto de Carlos Mouriño e Nidia Arévalo nunha serie de faixas colocadas á entrada das controvertidas obras.

Pancartas instaladas pola Comunidade de Montes de Tameiga / Cedida

«Sabemos que este acto dos promotores do pelotazo urbanístico nos montes comunicais non inaugura nada, que as obras están sen rematar e terán que enfrontarse ás múltiples denuncias que poñen en tela de xuizo a súa ilegalidade» -denuncian-.

Para o colectivo «este acto é só unha escinificación máis para presentar o seu delirio como un feito consumado e que a veciñanza se dea por vencida e renuncie a defender o ben común» -recordan-.

Segundo a comunidade de montes «Tameiga non ten nada en contra de dous campos de fútbol sempre que cumpran a legalidade, pero sabemos que isto é un cabalo de Troia para logo expropiar e recalificar o resto do monte«, un «desprósito ambiental e urbanístico que abrangue un millón de metros cadrados de solo rústico de especial protección».

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso directo? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA