Redacción Galiza | ACE

A Concellería de Urbanismo abrirá un proceso de consultas a todos os grupos de goberno, así como aos grupos da oposición, equipa redactora, servizos técnicos municipais, organizacións do consello sectorial de urbanismo e calquera outro asesoramento que se considere de interese para a proposta de lugares onde construír dito equipamento.

Dita consulta servirá para formular propostas ante o requirimento do SERGAS para ofrecerlles terreos para a construción de infraestruturas de servizos sanitarios. Tras isto, manteranse as reunións oportunas para posibilitar as condicións físicas, urbanísticas e demais limitacións para facer do proxecto unha realidade.

Dende Urbanismo xa avanzan que a localización de servizos sanitarios pasa inexcusablemente neste concello pola construción prioritaria do Centro de Alta Resolución (C.A.R).

Deja un comentario