A obra icónica do artista e intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, ‘A derradeira leición do mestre’, chegou a tarde do luns ao Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, procedente do Centro Galicia de Bos Aires.

O óleo viaxou desde Arxentina a Madrid a pasada fin de semana e foi trasladado por estrada até Santiago escoltado por axentes da Policía Autonómica.

A obra creouse no exilio hai máis de 70 anos, polo que é a primeira vez que está na nosa terra.unha peza cargada de simbolismo para a cultura galega que centrará no Museo Centro Gaiás a exposición ‘Castelao Maxistral’, dedicada a homenaxear á educación, á loita pola liberdade e aos galegos emigrantes.

Castelao pintou este coñecido cadro, baseado en estampar número 6 do libro Galicia Mártir, no ano 1945 en Buenos Aires, en homenaxe ao seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.

O cadro, considerado o ‘Guernica galego’, foi desde a súa creación un símbolo da Galicia emigrante e da represión das liberdades durante a Guerra Civil. En máis de 70 anos, a peza non abandonara nunca a capital arxentina, polo que esta será a primeira vez que viaxe ao exterior.

Exhibirase a partir do próximo venres, 5 de outubro, e até o 3 de marzo de 2019.

DEJA UNA RESPUESTA