A Fiscalía de Santiago de Compostela observa indicios de delito e remite á súa homóloga en Madrid, por considerar que é competente, a denuncia interposta por Esquerda Unida á Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) en data 9 de outubro de 2017 por presunto delito de odio ao negar crimes de lesa humanidade. EU ampliou esta denuncia no mes de maio con novas de prensa e publicacións en redes sociais onde se aprecian actos de exaltación do franquismo, accións que poden ser constitutivas de ilícito penal.
“Onte mesmo tivemos coñecemento de que, despois de abrir dilixencias e ter investigado o caso, trasladouse o expediente a Madrid -xa que a persoa que fixo as declaracións que denunciamos, así como o medio de comunicación onde se fixeron teñen domicilio e sede en Madrid-, polo que compete agora á Fiscalía de Madrid facer o estudo e abrir dilixencias pertinentes sobre o caso”. “Entendemos que tanto a apertura de dilixencias por parte da Fiscalía e a investigación da policía xudicial, así como como este traslado de expediente son xa novas positivas. Agora, dende Esquerda Unida agardamos que se faga xustiza, se abra unha investigación e se condene á FNFF por estes feitos”, sinalou Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida.
Se ben a denuncia interposta en outubro á FNFF era pola negación de delitos de lesa humanidade cometidos polo réxime franquista e enaltecemento da figura do ditador, esta foi ampliada en maio e baseada en que a FNFF, de xeito público, seguía a realizar accións de exaltación do franquismo, fomentando, elaborando e distribuíndo material da ditadura coa finalidade de facer apoloxía da mesma; accións que poden ser constitutivas de ilícito penal.
Respecto a estes feitos, Eva Solla sinala que “España é o segundo país do mundo con máis persoas desaparecidas, só superado por Camboya, e aínda 40 anos despois da transición seguimos sen termos xustiza, dignidade e reparación para as vítimas”. “Se ben a liberdade de expresión ten que estar garantida, esta non pode ir contra as vítimas, nin tampouco se pode facer apoloxía dun réxime que asasinou a milleiros de persoas”, remarcou.
Dende Esquerda Unida consideramos que todas estas accións, reiteradas incluso a día de hoxe, non deben ser toleradas nun país democrático, polo que seguiremos a denunciar todo o que acontece coa FNFF e o seu empeño en negar delitos de lesa humanidade, así como seguir a enaltecer a figura do ditador, accións que non deberían ter cabida neste país.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…