Redacción Galiza | Compromiso por Galicia

Por medio da eurodiputada do PNV, Izaskun Barandica, solicitouse a Comisión Europea que analice se as graves irregularidades que se están a cometer na canteira de Miramontes pola empresa Tecnosolos Galaicos SL son compatibles coa participación desta empresa nun proxecto financiado con fondos comunitarios. A eurodeputada, que representa en Bruxelas e Estrasburgo a Compromiso por Galicia, pregunta se os expedientes sancionadores que se tramitan sobre esta empresa son compatibles coa súa participación nun proxecto europeo.

As malas prácticas da empresa está a provocar contaminación mesmo fóra do espazo do vertedoiro, como levan denunciando dende a Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes.

A lamentable situación levou a denunciar diante sas autoridades comunitarias a axuda plurianual que reciben os xestores do vertedoiro, que alcanza os 72.215 euros, e que está cofinanciada polo FEDER a través do programa “Retos de colaboración”. O peche cautelar e os expedientes que pesan sobre Tecnosolos Galaicos SL débense a condutas que vulneran normas estatais sobre prevención e control da contaminación e xestión de resíduos, que regulan as directivas europeas 2010/75/UE e 2008/98/CE. “Cando se producen estas irregularidades debe analizarse quen son os responsábeis e se poden participar en proxectos europeos que teñen unhas ríxidas normas de compromiso co medioambiente” afirman dende a formación galeguista.

A pesar de que as sucesivas denuncias ante Augas de Galicia, o Seprona, o Concello de Santiago, a Consellería de Medio Ambiente e a Policía Local deron lugar ao peche cautelar da antigua canteira, desde a Agrupación local entenden que “está en xogo a saúde non só da parroquia de Grixoa, senón a de toda a cidade, polo que hai que actuar de forma taxativa”.

Deja un comentario