Categorías: Galiza

A inacción da Xunta no Monte Neme deixa ao descuberto a deficiente política mineira do Goberno Feijóo

Os deputados Antón Sánchez (Grupo Común da Esquerda), Luís Bará (BNG), Patricia Vilán (PSdeG) e Davide Rodríguez (Grupo Mixto), calificaron esta semana a actuación da Xunta no sector extractivo de «irresponsable», «conivente», «desastrosa», «inactiva» e «ignorante».

Situación actual no Monte Neme. Noiros verticais que caen ducias de metros e balsas mineiras sen restaurar / Grupo Común da Esquerda

No debate sobre a Proposición Non de Lei celebrada o venres na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos na que se instaba ao Goberno da Xunta a tomar medidas para garantir a seguridade das persoas e protexer o medio ambiente na antiga explotación mineira do Monte Neme, a oposición no seu conxunto fixo unha «emenda á totalidade» á política mineira do Goberno de Alberto Núñez Feijóo desenvolvida polo seu director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces, actualmente imputado por un caso de presunta prevaricación ambiental polas presuntas irregularidades administrativas cometidas na mina de San Finx, no concello de Lousame (A Coruña).

Para o deputado Antón Sánchez, vicevoceiro do Grupo Común da Esquerda, portavoz nacional de Anova e impulsor da iniciativa, a situación permitida pola Xunta no Monte Neme non é excepcional, senón que se trata da norma, tal como está a pasar en outras explotacións como Santa Comba, Touro, San Finx ou as louseiras de Valdeorras.

Sánchez destacou que aínda que o Monte Neme, situado entre as localidades coruñesas de Carballo e Malpica de Bergantiños, é un lugar emblemático a nivel galego «cun alto valor patrimonial e paisaxístico», a política mineira do Goberno Feijóo de deixar facer permitiu que a empresa Leitosa, vinculada ao clan Cotino e á trata de corrupción Gürtel que afecta ao Partido Popular, abandoase sen restaurar a zona no súa última etapa de explotación, logo de percibir 600.000 euros de axudas públicas.

Luís Bará (BNG) considerou pola súa banda que «a Xunta de Galicia ten que poñerse mans á obra e actuar porque é a responsable subsidiaria da situación e porque non actuou no seu momento«, calificando que a xestión ambiental do Goberno Feijóo é totalmente «nefasta» a nivel paisaxístico, turístico, territorial, mineiro ou patrimonial. Para o deputado do BNG o caso do Monte Neme «é un exemplo moi claro das corruptelas da Dirección Xeral de Enerxía e Minas», que non deixa de ser «unha cova de prácticas irregulares».

Patricia Vilán (PSdeG) apuntou que no caso xuntáronse tres motivos fundamentais, como son o «desleixo absoluto» e a «irresponsabilidade» da propia Administración sobre a situación do Monte Neme, a «ignorancia» en relación co que acontece nel e finalmente «a idiocia profunda» dalgunhas persoas que foron ao Monte Neme logo do «efecto chamada» provocado pola campaña turística de #DameGalicia desenvolvida dende a Administración galega, na que chegou a usarse unha imaxe das balsas tóxicas do complexo mineiro. Unha situación desastrosa no Monte Neme que en xeral pode aplicarse «a todas as minas que están abandonadas polo territorio adiante» polo que urxiu a «resolver xa» o problema de restauración das actividades mineiras abandoadas no país. «É necesario que a Xunta faga o traballo, se poña diante e faga o traballo que ten que facer» -insistiu Vilán-.

Dende o Grupo Mixto, o deputado Davide Rodríguez recordou que o acontecido no Monte Neme «non é nada novo» pois incluso habendo denuncias de colectivos e particulares a Xunta fixo «caso omiso».

Rodríguez denunciou que a inacción da Xunta chegou a ser prácticamente a mesma coas persoas que se bañaron nalgunhas das balsas e necesitaron atención médica no verán que no ano 2014, cando rebentou unha delas provocando unha vertedura de 24.000 metros cúbicos de auga e lodos sobre dúas parroquias próximas ao monte. «O Goberno galego non actúa para garantir a seguridade das persoas nin do medio, polo tanto vemos que esta Proposición Non de Lei traída hoxe aquí é máis que necesaria» -afirmou o deputado-.

UNHA CUESTIÓN DE RESPONSABILIDADE

Para Antón Sánchez, defensor da iniciativa, a actuación urxente no Monte Neme para garantir a seguridade e a saúde pública e ambiental «é unha cuestión de responsabilidade» dado que o Monte Neme «non debe seguir sendo unha fonte de perigo para as persoas e de contaminación para o medio ambiente».

«Si a Xunta non é capaz, e non foi capaz ata o de agora, de que a empresa acometa cos seus fondos esa restauración terá que asumir responsabilidades, terá que dicir porqué non se lle requeriu un aval para facer frente a esta situación como di a Lei de Minería de Galicia. Terán que asumir responsabilidades aqueles que permiten que uns fagan negocio privado e os cidadáns e ás cidadás paguemos a desfeita que deixan, e terá actuar despois para intentar despois que non sexa gravoso para a facenda pública» -criticou o parlamentario-.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

2 semanas hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

2 semanas hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

2 semanas hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

2 semanas hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

2 semanas hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

2 semanas hace