A instalación descontrolada de parques eólicos prexudica a calidade do ceo nocturno na Costa da Morte e imposibilita a súa declaración como zona turística “Starlight”

0
9

A Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Cabana alerta que á sobresaturación de centrais de vento en funcionamento hai que sumar os máis de 20 proxectos que se atopan en distintas fases de tramitación e que engadirían cerca de 200 aeroxeradores de grandes dimensións ao conxunto, algo que para a entidade “non é armonizable” coa “Declaración da Palma”, que recoñece a necesidade de protexer os ceos como un ben para o ser humano e a sociedade.

A contaminación lumínica procedente dos parques eólicos é incompatible coa protección do ceo nocturno / Creative Commons

A contaminación lumínica é un problema recoñecido a nivel internacional, e a iluminación permanente dos aeroxeradores altera na práctica o disfrute do ceo nocturno. Ademáis, coa demanda do uso de aeroxeradores de onva xeración tanto en novas instalacións como en repotenciacións de proxectos, con máquinas moito máis grandes, o impacto visual pasa a ser un factor de primer orden á hora de considerar calquera tipo de interferencia no ceo nocturno” -explican dende a entidade-.

Por outro lado, Salvemos Cabana recorda que na Costa da Morte os parques eólicos ou se instalaron ou proxectan instalarse en atalaias orográficas que dominan a paisaxe nocturna e destacan pola súa alta visibilidade o que aumenta o problema “a nivel de observación astronómica e astrofotografía”.

“Convén non esquecer en calquera caso que a iluminación dos aeroxeradores presenta outros factores adversos como así recoñecen os especialistas ao afirmar que ten un impacto significativo sobre o medio nocturno podendo xerar molestias ás persoas por intrusión lumínica e deslumbramento e impacto sobre a contorna, conferindo á paisaxe unha imaxe de desacougo. Ademáis, tal e como sinalaron organizacións de referencia como SEO/Birdlife, altéranse os ciclos naturais de moitos seres vivos durante o período nocturno e as pautas de comportamento ao modificar os seus ritmos circadianos, chegando a desorientar ás aves e certos anfibios nos seus procesos de migración” -expoñen-.

Por este motivos, aínda que como asociación ambiental Salvemos Cabana apoia a declaración da Costa da Costa da Morte como zona “Starlight” en condicións ideais, considera que “en ningún caso o interese comercial e/ou político de ninguén pode estar por riba do medioambiental e o humano“. Porque “cos datos vixentes, “a realidade é que o actual desenvolvemento eólico, sumado á deficiente iluminación municipal que presentan unha gran maioría de localidade -incluida Cabana de Bergantiños- fai que non se den a día de hoxe as condicións reais necesarias para unha certificación celeste destas características. Porque a Costa da Morte, como Galicia, necesita con urxencia un saneamento de luces nocturnas previo a calquera outro tipo de consideración, non máis parques eólicos” -rematan dende o colectivo-.