Onte coñeciamos que unha muller de 57 anos fora asasinada polo seu cónxuxe na cidade da Coruña, procedéndose á detención deste como presunto autor do crime.

Trascendeu que a muller padecía unha enfermidade terminal, o que fixo que nun primeiro momento na investigación se barallara se era un caso de violencia machista ou un suicidio asistido.

Na Marea Feminista temolo claro: É VIOLENCIA MACHISTA, por suposto, e non é de recibo suavizalo. O feito de tratar un acoitelamento como suicidio asistido da conta do naturalizada que está a violencia machista na nosa sociedade.

É intolerable que se xeren dúbidas sobre isto: non se pode suavizar un asasinato baseandose, como neste caso, nunha enfermidade. As mulleres somos as coidadoras principais nunha proporción moito maior que os homes e non se asasina ás persoas dependentes ao noso cargo por moi dura que sexa a situación. Neste caso, un home degollou a unha muller. Non hai xustificación.

Dende a Marea Feminista amosamos a nosa tremenda repulsa e indignación ante este novo caso de violencia machista, así como ante o tratamento mediático do mesmo.

É esencial comprometerse de xeito eficiente, integral e transversal para erradicar a violencia machista, xa que é estrutural e afecta a tódolos ámbitos das nosas vidas.

De nada serven o anuncio de medidas, pactos de estado, etc. se todo queda en papel mollado e non se implementa ningunha acción seria e comprometida.

De nada serven os protocolos de boas prácticas en comunicación se os medios, en novas deste tipo, seguen incidindo en datos morbosos ou que nada aportan como a nacionalidade de vítima e agresor, a inexistencia de denuncias previas, circunstancias anecdóticas que lle restan importancia ao asasinato…

A violencia machista non cesa, é algo mormalizado na nosa sociedade como volvemos a constatar, e como temos denunciado en múltiples ocasións, dende as administracións públicas pouco se fai por erradicala. Pola contra, na época estival recurtanse inda mais os recursos neste ámbito: non se cubren as prazas nos xulgados de violencia, prescíndese de persoal de apoio e protección para as vítimas….

Dende a Marea Feminista continuaremos nas rúas, mobilizándonos co movemento feminista para esixir recursos, politicas preventivas, actuacións eficientes… Non nos resignamos, porque nos vai a vida nelo, por iso, facemos un chamamento a participar nas mobilizacións que maña, unha vez máis, terán lugar en diferentes lugares do país. #QueremonosVivas #QueremonosLibres

DEJA UNA RESPUESTA