Redacción Galiza | En Marea

A Marea segue sumando a forza da xente, e hoxe 28 de abril, constituíuse a Marea da Laracha nun acto no que tomaron parte o voceiro de EnMarea, Luís Villares, e a vicevoceira, Ana Seijas que resolveron as dúbidas expostas polas veciñas e que lles permitan dar os primeiros pasos dun camiño que favoreza a consolidación deste novo proxecto na localidade coruñesa.

O obxectivo é seguir tecendo as redes entre as mareas locais, principal activo do espazo do cambio para mudar as políticas do país desde abaixo. “Tedes as portas abertas e animámosvos a que sumedes, e que sexamos a voz da xente para construír unha alternativa social para esas minorías que están invisibilizadas”, destacou a vicevoceira que lles ofreceu todo o apoio das compañeiras nun proceso lento, pero que supoña un estímulo para consolidar á Marea da Laracha “e construir unha alternativa e unha base programática horizontal” que afronte os verdadeiros problemas e inquedanzas da veciñanza.

A vicevoceira de En Marea mostrouse “orgullosa de ver que a alternativa se vai estendendo por moitos municipios, e esperamos que sexan moitos máis” con vistas a unhas eleccións Municipais de 2019 e que confirmen a aposta de En Marea desde as súas orixes polo municipalismo, polas bases, pola xente do común.

Hai Marea!!!

Deja un comentario