“…porque outra das funcións do deporte é ir erradicando cada vez máis da nosa patria o xogo, é dicir o vicio do xogo.  Sabido é que outra das grandes batallas libradas vitoriosamente pola Revolución é a batalla contra o xogo.  As clases explotadoras esforzábanse por corromper ao pobo; de ai que no noso país había tal diversidade de xogos de todos os tipos, dende a bolita ata os casinos”. 

Discurso de Fidel Castro na clausura do Congreso de Voluntarios do Instituto Nacional de Deportes, Educación Física e Recreación (INDER).1961


Abeledo explica que Dende fai uns anos teñen proliferado os anuncios en televisión, radio, prensa escrita, redes sociais, etc de casas de apostas deportivas online. Unhas casas de apostas que insertan a súa publicidade en eventos deportivos, especialmente nas retransmisións deportivas e que incluso chegan a utilizar estrelas de fútbol para animar aos televidentes a que aposten. Un sistema de xogo moito máis aditivo, sen pausas, con bonos «gratis» de entrada, e sobre todo cunha inmensa inversión en publicidade que representa xusto os valores contrarios as formas máis pausadas e tradicionais de apostar, como a lotería de Natal, a quiniela ou os cupóns da ONCE.

Hai 613.812 usuarios activos nas casas de apostas, segundo o último Informe Trimestral do Mercado de Xogo Online, un 13,44% máis que no mesmo segmento de 2016. Non só corresponde as apostas deportivas, tamén ao póker, casino e bingos virtuais. Ata setembro de 2017, os operadores gastaron máis de 140 millóns de euros en promocionarse. En España hai máis de medio centenar de empresas con licencia no negocio online e presencial.

O xogo patolóxico é un trastorno que figura entre as adiccións de tipo comportamental nas clasificacións médicas e psicolóxicas. Consiste na perdida de control de comportamento en relación ao xogo que se caracteriza por ter graves consecuencias para as persoas como problemas académicos, laborais, económicos, sociais e/ou legais asociados ao xogo.

Tentase a clase traballadora,  que normalmente non pode acceder a un traballo estable dado o enorme paro crónico, a que arrisquen as súas rendas ganadas en traballos precarios.  Non é estraño que nos barrios e localidades onde menos renda hai, sexa onde as políticas neoliberais máis efectos negativos causen a través das casas de apostas. Estas afectan especialmente a xuventude, onde a falta de expectativas e dun futuro estable é o caldo de cultivo perfecto para doses rápidas de adrenalina onde conseguir diñeiro sen esforzo.

Tampouco é admisible que as casas de apostas aumenten día a día os seus beneficios e deixen as familias e ao conxunto da sociedade a obrigación de costear integramente o tratamento das persoas as que ten enganchado. É de xusticia, polo tanto, aumentar a contribución que os beneficios destas empresas teñen que facer ao conxunto da sociedade para que se poida tratar de maneira eficaz as persoas adictas ao xogo e para que se poidan investigar eses mecanismos e previr futuras adiccións.

De forma física ou a través de Internet, o que se esconde detrás de cada aposta é o mesmo: fante crer que non é necesario traballar para xerar riqueza, que podes inverter o teu diñeiro e, si o fas ben, o multiplicarás. Este conto liberal obvia que o teu beneficio implica que alguén como ti está perdendo o seu diñeiro, tamén obvia que un día gañaches pero ao seguinte podes perder moito máis.  Non é cuestión de sorte que, en última instancia, sexa a dona da casa de apostas o único que gañe, é cuestión de matemáticas.

É o momento de que as diferentes institucións adapten a normativa a realidade social, económica e tecnolóxica da actividade do xogo antes de que se converta en unha lacra sen retorno.

Plantexamos nesta moción unha serie de medidas, a nivel municipal e supramunicipal, para atallar esta problemática. Por unha lado entendemos que é necesario prohibir a publicidade de estes locais e frear a súa expansión a través das ordenanzas o las normas urbanísticas, tamén son importantes as medidas de prevención ante a ludopatía e, por último, plantexamos unha serie de propostas a nivel fiscal para gravar a actividade das casas de apostas y e do xogo online.

 PRIMEIRO: Instar ao Goberno do Estado a reformar a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual e a Lei Xeral de Publicidade para que se regule a publicidade das Casas de Apostas e se prohiba que estas empresas poidan publicitarse para facer efectiva a protección do público infantil e xuvenil e a impulsar o Real Decreto de Comunicacións Comerciais das Actividades de Xogo e de Xogo Responsable co obxectivo de restrinxir a publicidade para xogos e apostas online.

SEGUNDO: Instar ao Goberno Autonómico a que, igual que pasa co gremio de tabacaleiras ou farmacias, limite a apertura das casas de apostas físicas mediante o establecemento dun mínimo de metros de separación ou por núcleos de poboación, para a frear así a súa  expansión.

TERCEIRO: Instar ao Goberno Autonómico a que prohiba as terminais de apostas deportivas en salóns de xogo, bingos e casinos.

CUARTO: Instar ao Goberno Local a que estudie a revisión das ordenanzas para introducir limitacións urbanísticas a implantación de locais de apostas nas inmediacións de espazos  frecuentados pola infancia, a adolescencia e a xuventude, como os centros educativos, culturais, deportivos ou xuvenís.

QUINTO: Instar ao Goberno Local a que, a través da Ordenanza de Publicidade, regule a eliminación de calqueira carteleira do mobiliario urbano ou do espazo público de este tipo de establecementos, ceñindose exclusivamente aos carteis do propio local incluíndo unicamente o nome e sen ningún tipo de publicidade.

SEXTO: Instar ao Goberno Local a que realice actividades informativas nos centros escolares para afondar no uso que fan os rapaces dos xogos online e de apostas e os posibles problemas derivados deste uso e a que poña en marcha modelos de ocio e espazos de socialización xestionados directamente pola xuventude onde poidan desenrolar un ocio san, que potencie o coñecemento, o deporte e as artes.

SÉTIMO: Instar ao Goberno Local a que reforce a formación da Policía Local de modo que se familiaricen coas infraccións máis habituais relacionadas coas apostas e o xogo, particularmente no acceso de menores de idade, persoas incapacitadas legais e persoas co acceso ao xogo legalmente restrinxido.

OITAVO: Instar ao Goberno do Estado a aumentar o tipo aplicable no  Imposto sobre Actividades do Xogo para as casas de apostas e de xogo online.

NOVENO: Instar ao Goberno Local a que cree unha taxa específica por utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, que teña que ser abonada polos  establecementos que instalen pantallas ou outro tipo de dispositivos para desenrolar a súa actividade empresarial con fronte directo a vía pública ou en liña de fachada.