O colectivo ven de tomar a decisión nunha asamblea pública urxente celebrada na Casa da Cultura de Sarria na noite do mércores na que se tratou a conveniencia de manter a convocatoria prevista.

Nun comunicado, a plataforma recorda que se ben as recomendacións da Xunta de Galicia para conter a expansión co COVID 19 refírense a recintos pechados e unha limitación de aforo de 1.000 persoas, dende a Subdelegación do Goberno recoméndase o aprazamento de manifestacións e outro tipo de eventos por causa de forma maior.

SEGURIDADE ANTE TODO

«Dende o primeiro momento» -manifestan dende a plataforma-, unha das reclamacións na loita a prol do colexio Frei Luís de Granada foi a seguridade para os escolares de Sarria, algo que neste caso desexan facer extensible «a toda a poboación de Sarria» en coherencia cos principios defendidos dende o inicio da loita social por un centro educativo público en plenas condicións. Polo tanto, nesta liña, tomouse a decisión de aplazar a convocatoria da manifestación prevista para o venres 13 de marzo para cando as condicións o fagan posible.

A entidade espera que «esta demostración de coherencia» sexa tomada como «exemplo» pola Consellería de Educación e a propia Xunta e a Administración galega «deixe dunha vez por todas de asumir riscos innecesarios» coas nenas e nenos da vila de Sarria.

DEJA UNA RESPUESTA