O colectivo sae ao paso dun comunicado de apoio publicado polo Grupo Popular de Sarria ao non cumprir cos tempos previstos segundo acordo para facer pública a súa posición.

Nunha breve nota de prensa, recordan que aínda que representantes da plataforma mantiveron diversas reunións cos grupos políticos do concello de Sarria, solicitaron “expresamente” que non se fixera ningún comunicado antes da asamblea do domingo 16 de febreiro, “para que non se dera unha imaxe de que a plataforma lle daba preferencia ás reunións con algún grupo político concreto”, dado que as quendas fixéronse “por motivos exclusivos de axenda” e así existía a posibilidade de informar na asamblea antes da publicación destas reunións.

Por estes motivos, critican a actitude do Grupo Popular de Sarria ao facer un comunicado nas súas redes sociais “en contra do falado na reunión” e consideran que o PP da localidade “mal comeza o seu apoio á causa da plataforma” ao ignorar “unha petición tan sinxela”.

DEJA UNA RESPUESTA