Encontro, Actualidade de Galicia

Activistas de Amigos da Terra e Sustinea realizarán unha ruta contra o desperdicio alimentario.

Os días 22 e 23 de maio, as organizacións ecoloxistas da cidade Amigos da Terra e Sustinea suman esforzos para desenvolver esta actividade conxunta co obxectivo de informar e sensibilizar á cidadanía sobre unha problemática singular da que moita xente non é consciente: o desperdicio alimentario. Nunha sociedade con cada vez máis xente empobrecida e con problemas de acceso á comida, millóns de toneladas de alimentos en perfecto estado son intencionadamente destruidos e converitdos en lixo.

España é o sétimo país da UE con máis desperdicio de alimentos, con 7,7 millóns de toneladas. Estímase que cada persoa xera un media de 170 quilogramos de residuos de alimentos ao ano, isto traducido a cartos serían uns 200 € por persoa. Ao longo da cadea agroalimentaria, pérdese entre o 30 eo 50% dos alimentos saudables que se podrian aproveitar. Isto causa impactos ambientais graves e contribúe ao aumento do Cambio Climático, xa que provoca a emisión de 170 millóns de toneladas de CO2 e require o uso de 26 millóns de toneladas de recursos naturais.

A primeira actividade terá lugar o martes día 22, cunha ruta, con todas as persoas que queiran participar, para recoller alimentos que acabarían no lixo por non cumpriros criterios necesarios para ser vendidos, pero que aínda se atopan en perfectas condicións para ser consumidos. Os alimentos recolleranse en varios tipos de establecementos, como supermercados, carnicerías, peixarías ou froitarías.

Tras a recollida, será elaborada un xantar popular con eses mesmos alimentos, o mércores día 23 na Horta da Terra, no Barrio do Polvorin, seguida dunha conversa sobre o desperdicio alimentario e as solucións para minimizar ou evitalo.

As dúas actividades estarán abertas a toda a cidadanía.

Deja un comentario