A Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras retomará este 23 de outubro a tarefa de información e concienciación sobre o impacto da instalación masiva de aeroxeradores na biblioteca municipal ás 11:30 horas.
Esta nova edición das Xornadas Cantís do Canteiro contarán, baixo moderación de Carlos Penedo, representante da entidade e da Rede Galega por un Rural Vivo coa intervención de Xosé Ramón Cendán, do Sindicato Labrego Galego e Xoan Doldán, da Asociación Véspera de Nada, que debatirán abertamente sobre a actual avalancha de proxectos eólicos que está a padecer a Costa da Morte e as alternativas para o desenvolvemento dun modelo enerxético máis xusto e sustentable.
O obxectivo do evento, para o colectivo, é debatir sobre materias que interesan á xente pero que non están a contar coa participación social necesaria, como a xestión do territorio, a importancia da súa protección e o potenciamento nun novo modelo eólico e enerxético, considerado como algo imprescindible para a Comarca de Bergantiños e a propia Costa da Morte.
«Nestes tempos que indican cambios substanciais para nosa sociedade en especial para o rural. A Covid-19, o cambio climático e a transición enerxética xa esta afectando directamente as persoas. No rural a implantación descontrolada de parques eólicos esta traendo fortes impactos ao medio ambiente e as persoas que viven nas aldeas» -sinala a plataforma nun comunicado-.
O colectivo alerta de que o sector primario e o turismo tamén se están a ver «seriamente afectados» pola «implantación desproporcionada de aeroxeradores cuxa densidade e ubicación está determiñada polos intereses das grandes empresas dunha maneira «allea á necesidade de compaxinar a produción enerxética coa vida das persoas» e cos «sectores esenciais» para a vida das comarcas. Por este motivo a entidade fai un chamamento á participación da veciñanza nestas xornadas, dándolle así continuidade a estas palestras logo de superar a peor da pandemia e co obxectivo de encarar os moitos retos de futuro aos que se enfronta hoxe a Costa da Morte.
As Xornadas Cantís do Canteiro están organizadas Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras co obxetivo de informar e concienciar á poboación. Na súa primeira edición versaron sobre o parque eólico As Salgueiras de Ponteceso e contaron coa presenza de Amancio Soutillo (ADEGA), Iñaki Varela (Verdegaia) e Carlos Penedo (Rede Galega por un Rural Vivo), que deron conta da problemática xerada pola implantación descontrolada de parques eólicos e a transición enerxética en Galiza.
Hay un debate que, en los últimos años, se ha ido sosteniendo con una energía…
Durante buena parte de 2025 la inteligencia artificial parecía haberse quedado estancada. Después de años…
El rentback para empresas representa una estrategia financiera innovadora que permite a las empresas españolas…
Cuando un menor disfrazado se convierte en enemigo público, es que el sistema ha decidido…
Mientras Estados Unidos e Israel bombardean Irán y matan a cientos, la cúpula demócrata critica…
A 45 días del 12 de abril de 2026, el primer ministro húngaro convierte las…