Os colectivos integrados na plataforma Alizanza Galega polos Servizos Sociais Públicos para Maiores e Dependentes, AGSSP) convocan unha serie de marchas cívicas nas sete principais cidades galegas para rendir homenaxe as vítimas e persoas afectadas pola COVID-19 e «polas irresponsabilidades, neglixencias ou malas prácticas nas residencias e demáis servizos da dependencia» e para reivindicar un modelo de servizos sociais «plenamente público», asequible, de calidade e proximidade, logo de ser «ferozmente privatizado» na última década polos sucesivos Gobernos de Alberto Núñez Feijóo, deixando unha atención de carácter esencial «en mans de empresas ou sociedade usureiras», vinculadas en moitos casos a fondos de investimento «ligados a paraísos fiscais».

Nunha contundente nota de prensa, a plataforma recorda que segundo as cifras oficiais, a 20 de maio de 2020, o 44,6% das 608 persoas falecidas a nivel galego polo coronavirus vivían nas residencias de maiores e dependentes, aínda que o as actuacións do PP na Xunta seguen estabelecidas nunha liña «oscurantista e tranposa»,pois na reproducción das cifras por residencias, mentres se está a sinalar que na DomusVi San Lázaro hai 22 mortos, a realidade é que residían 51 persoas agora falecidas, que na residencia intervida de O Barco de Valdeorras hai 14 falecementos e non 1; que na residencia de Celanova hai 11 persoas falecidas e non 1,; e que entre DomusVi Barreiro e DomusVi Aldán hai 56 mortes, e non 32 como está a indicar o Goberno galego.

A plataforma manifesta a súa preocupación pola «consideración groseira» que da cidadanía ten o presidente da Xunta de Galicia ao tratar á xente «como menores de idade», pois «o primeiro dunha sociedade manudra é a información veraz e fluída» e non «absolutamente fragmentada» como a que está a subministrar o Goberno galego, o que «impide ter unha visión global do que está a suceder».

A entidade considera extremadamente grave «ese afan de ocultar o que pasou» que está a caracterizar ao Executivo de Feijóo, pois en plena pandemia «non ten ningún sentido xogar con elucubracións» referidas aos datos mentes se segue se estudar con fiabilidade cales foron as verdadeiras causas da morte de tantas persoas maiores e os factores que facilitaron a alta mortalidade nas residencias.

Así, denuncia que a «esta práctica opaca e ruín» do Goberno do PP,súmanse todas as irregularidades cometidas na xestión da pandemia polas empresas e a contínua vulneración de dereitos humáns e laborais, denunciadas «dende hai moitos anos» tanto polas plantillas dos centros como polos propios familiares, e sempre «respondidas con desidia, inacción ou conivencia» polas direccións das empresas responsables e polos órganos de inspección e vixilancia da Xunta de Galicia.

CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS

Os colectivos integrantes da plataforma denuncian tamén «a brutal privatización dos servizos sociais dirixidos aos maiores e dependentes» acontecida na era Feijóo, pois neste momento existen a nivel galego un total de 24.819 prazas das que o 39,5% son propiedade de sociedades ou conglomerados empresariais con ánimo de lucro, como DomusVi, Orpea, Ballesol ou Sanitas; o 38,2% de empresas privadas sen ánimo de lucro (Fundación San Rosendo, Hermanitas dos Anciáns Desamparados, etc.); o 6,5% son de titularidade pública e xestión privada e só o 15,7% das residencias son de titularidade e xestión plenamente públicas. 

Segundo sinalan «existen claras evidencias ou indicios de que esa privatización xogou un papel determinante na elevada mortalidade ocorrida nas residencias galegas» e mesmo analizando «os datos escuros e parciais» facilitados pola propia Xunta de Galicia, pode comprobarse que durante a pandemia da COVID-19, «a probabilidade de morte das persoas que vivían nas residencias de xestión privada foi 24 veces más máis elevada da existente entre as persoas que vivían en residencias de titularidade e xestión plenamente públicas».

MARCHAS CONFORME ÁS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS E NON PARTIDISTAS

Finalmente, a plataforma indica que nas sete marchas, logo da preceptiva autorización, seguiranse todas as recomendacións das autoridades sanitarias, e que habería unha única pancarta inicial co lema «En homenaxe ás vítimas por COVID-19 nas residencias. Contra a privatización e por uns servizos sociais plenamente públicos», polo que solicitan a todas aquelas persoas participantes «que non utilicen faixas ou bandeirolas específicas dos colectivos que poidan facer parte».