Unha nova edición das xornadas Cantís do Canteiro prevista para o sábado 20 de novembro leva a percorrer á todas aquelas persoas sensibilizadas co prexudicial impacto do proxecto enerxético un sector do roteiro PRG-148.
A actividade, organizada pola Plataforma en Defensa do Monte das Salgueiras, partirá da Praza do Recheo de Ponteceso ás 10:00 horas e ten previsto desenvolverse entre as espectaculares vistas do Esteiro do Anllóns e a praia de Balarés.
Ademáis da plataforma, organizacións de forte implantación como Ecoloxistas en Acción e a Rede Galega por un Rural Vivo, na que participan entidades de todo o territorio galego, alertan de que este proxecto de Norvento S.L. na Costa da morte coruñesa afectará de maneira significativa a zonas de alto valor ecolóxico protexidas pola Rede Natura 2000 tales como o Monte Branco, a praia de Balarés, as Brañas de Gondomil, o Esteiro do Anllóns e os Cantís do Canteiro.
De feito, estes e outros colectivos consideran que de sair adiante este proxecto eólico causará un «dano irreparable» ao patrimonio natural da Costa da Morte, razón pola que critican abertamente a postura da Fundación Eduardo Pondal, entidade afincada na aldea de O Couto moi cercana ao PP, pola súa pasividade ante unha agresión territorial de semellante calado mentres a institución e o seu xerente, José María Varela Martínez, fan propaganda dunha aposta pola defensa do territorio que non é tal e incluso o seu presidente, Lois García Carballido, mantén unha estreita relacións coas empresas eólicas.
Cos datos na man, un informe de setembro de 2012 da Secretaría Xeral para o Turismo alertaba dos moitos impactos negativos da instalación do parque eólico sobre a actividade turística da zona, e o propio Instituto de Estudos do Territorio (IET) concluía que non existe ningún lugar onde non se produzca incidencia visual do proxecto sobre os núcleos poboacionais de Corme Porto, Ponteceso, Laxe, O Couto e Tabuído, e sobre os lugares de interés paisaxístico das praias de Balares e A Ermida, os miradoiros de Monte Branco e Galiñeiro, así como a imposibilidade de establecer medidas corretoras de apantallamento para a mitigación do impacto observable, deixando así patente a manifesta incompatibilidade do proxecto cos valores de protección da paisaxe.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…