Devastación ambiental provocada pola actividade da mina de Touro no río Portapego / Ramón Mata
Cornado Mina Non critica que casi 30 anos despois de adquiridos os terreos mineiros por parte de Explotaciones Gallegas S.L. como accionista maioritaria e o abandono conseguinte da súa obriga de restauración, a empresa faga propaganda nos medios anunciando un proxecto de máis dun millón de euros para a creación de dúas plantas de tratamento para intentar depurar as augas nos ríos Portepego e Pucheiras.
O colectivo mostra a súa sorpresa ante as palabras da súa máxima responsable Eva Gómez ao sinalar que a empresa non foi a responsable da situación esquecendo «que o documento de compra non só implicaba a adquisición duns terreos e dereitos mineiros senón tamén a súa rehabilitación», unha obriga «que nunca foi asumida pola empresa concesionaria» tal e como demostran os numerosos expedientes sancionadores recibidos e as reiteradas denuncias por verteduras contaminantes ao dominio público hidráulico, que neste momento está a levar a Fiscalía de Medio Ambiente. Ademáis recorda que «fai unhas semanas a Xunta anunciaba un novo expediente sancionador á empresa pola falla de restauración», polo que a publicidade da empresa, que vincula a restauración ambiental das augas coa execución dun novo proxecto mineiro «é unha obriga independente de calquera novo proxecto».
A entidade veciñal pregúntase «quen pode crer a unha empresa que leva 30 anos incumprindo a Lei» e que «pretende impoñer un proxecto que pon en risgo a vida das persoas e o seu entorno socioeconómico», algo que xa sinalan os informes técnicos que fundamentaron a denegación do proxecto, polo que consideran que a súa obriga sería a de «pedir perdón» a poboación prexudicada recordándolle ademáis que «a súa crecibilidade é cero» logo de defender un proxecto «rexeitado polos técnicos como exemplo de minería sostible e moderna».
No solemos hablar sobre nuestro propio trabajo porque pensamos que hay muchos otros temas sobre…
La subida de precios bate nuevo récord y supera el pico registrado el pasado marzo,…
El portavoz de Vox en el Ayuntamiento de Madrid ha reaccionado desplegando una bandera de…
Según el nuevo modelo, las residencias deberán funcionar de la forma más parecida a un…
A través de redes sociales se ha difundido un vídeo en el que se compara…
El Estado de Alabama es uno de los más restrictivos en materia de aborto.