• O domingo 17 a plataforma chama a todas as persoas contrarias á instalación da planta de residuos da empresa Toysal a participar nunha andaina ata o monte da Casalonga.
  • O sábado 9 a plataforma comezou unha campaña de recollida de firmas, venda de camisetas e inscripción das persoas asociadas que está sendo todo un éxito entre a veciñanza.

A veciñanza de Teo encontrase en pe de guerra ao coñecer o proxecto dunha planta de residuos de grandes dimensións ao lado das súas casas, no monte da Casalonga. Para mostrar a sua disconformidade e loitar  contra o que creen que non é xusto nin legal, Constituiron a plataforma veciñal Casalonga Limpa de Residuos para impedir a instalación da planta.

A empresa de Vigo Toysal está tramitando a solicitude de licenza. A planta de residuos, de aprobarse, suporá unha grave degradación da zona, perxuízos irreparables na ecoloxía, perxuízos turístico ao afectar directamente ao Camiño Portugués e habitantes afectados a corto prazo e gran cantidade de afectados a medio prazo, xa que a producción da planta afectará aos acuíferos que desembocan na ría.

A plataforma veciñal de recente creación xa iniciou contactos co Concello e coa directora Xeral de Calidade Ambiental e está preparando una campaña informativa de inscripción de socios e reivindicativa para sensibilizar a toda a poboación afectada. A campaña comeza esta fin de semana aproveitando os actos deportivos e culturais do concello. Especialmente presente na Feira da Terra.

Sumarase tamén aos actos organizados nesta fin de semana en Santiago polas plataformas Mina de Touro-O Pino Non e a de Afectados polo Vertedoiro Santiago de Compostela-Miramontes.

A veciñanza do concello de Teo, Padrón, Ames e Santiago vai a participar nunha andaina o domingo 17 ás 11h organizada pola plataforma.

Comézase en 7 puntos diferentes a uns 2km do lugar onde Toysal quere instalar a planta de residuos, simbolizando a unión da veciñanza que, cada un dende o seu lugar, avanza decidida cara Toysal para dicirlle ben alto e claro: Nós chegamos primeiro, Toysal fora!.

 

Organización da andaina deste domingo 17:

  • Lugares de partida:  Estación de tren de Osebe. Escola de Casalonga. Capela de Ameneiro. Carballeira do San Martiño en Francos. Parque de Texexe. Área recreativa de Mouromorto. Carballeira de Luou.
  • Punto de encontro de todas as andainas: na carballeira de Cornide. Lugar onde se instalará un palco e o stand da plataforma. Alí se amenizará o encontro coas aportacións musicáis da veciñanza para rematar o encontro lendo un comunicado e convidando á xente a finalizar a andaina subindo ao monte da Casalonga, antiga canteira onde Toysal quere instalar a súa actividade contaminante e pestilente, a poucos metros da carballeira.

 

Recollida de firmas, venda de camisetas e inscripción das persoas asociadas

A plataforma está satisfeita coa iniciativa realizada para a recollida de sinaturas e venda de camisetas. A resposta cidadá superou as expectativas da plataforma. Ás mostras de solidaridade e concienciación da veciñanza foron contínuas. (Adxúntanse fotos).

Deja un comentario