A veciñanza de Teo encontrase en pe de guerra ao coñecer o proxecto dunha planta de residuos de grandes dimensións ao lado das súas casas, no monte da Casalonga. Para mostrar a sua disconformidade e loitar contra o que creen que non é xusto nin legal, Constituiron a plataforma veciñal Casalonga Limpa de Residuos para impedir a instalación da planta.
A empresa de Vigo Toysal está tramitando a solicitude de licenza. A planta de residuos, de aprobarse, suporá unha grave degradación da zona, perxuízos irreparables na ecoloxía, perxuízos turístico ao afectar directamente ao Camiño Portugués e habitantes afectados a corto prazo e gran cantidade de afectados a medio prazo, xa que a producción da planta afectará aos acuíferos que desembocan na ría.
A plataforma veciñal de recente creación xa iniciou contactos co Concello e coa directora Xeral de Calidade Ambiental e está preparando una campaña informativa de inscripción de socios e reivindicativa para sensibilizar a toda a poboación afectada. A campaña comeza esta fin de semana aproveitando os actos deportivos e culturais do concello. Especialmente presente na Feira da Terra.
Sumarase tamén aos actos organizados nesta fin de semana en Santiago polas plataformas Mina de Touro-O Pino Non e a de Afectados polo Vertedoiro Santiago de Compostela-Miramontes.
A veciñanza do concello de Teo, Padrón, Ames e Santiago vai a participar nunha andaina o domingo 17 ás 11h organizada pola plataforma.
Comézase en 7 puntos diferentes a uns 2km do lugar onde Toysal quere instalar a planta de residuos, simbolizando a unión da veciñanza que, cada un dende o seu lugar, avanza decidida cara Toysal para dicirlle ben alto e claro: Nós chegamos primeiro, Toysal fora!.
Organización da andaina deste domingo 17:
Recollida de firmas, venda de camisetas e inscripción das persoas asociadas
A plataforma está satisfeita coa iniciativa realizada para a recollida de sinaturas e venda de camisetas. A resposta cidadá superou as expectativas da plataforma. Ás mostras de solidaridade e concienciación da veciñanza foron contínuas. (Adxúntanse fotos).
El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…
Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…
El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…
El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…
Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…
Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…