Categorías: Galiza

A veciñanza mobilízase contra o parque eólico O Cerqueiral, de Greenalia Wind Power

Persoas afectadas dos municipios de Coristanco, Cabana e Santa Comba -este último sen aeroxeradores proxectados pero coa construción de infraestruturas auxiliares- veñen de iniciar unha recollida de sinaturas e preparan alegacións ante un proxecto do parque eólico O Cerqueiral que pretende a instalación de catro gigantescos muíños de casi 180 metros de altura e 27 megavatios de potencia total.

O parque eólico «O Cerqueiral» pretende a instalación de aeroxeradores de alto impacto visual e paisaxístico de casi 180 metros de altura / Creative Commons

Veciños e veciñas da zona manifestan a súa inquedanza polo tremendo impacto ambiental e paisaxístico que este proxecto de Greenalia pode ter na comarca e denuncian o completo desprezo pola poboación residente, que está a ser ignorada na toma de decisións así como, na práctica, a falta de retorno social dun proxecto que beneficia únicamente á empresa, pero non así ás familias.

De igual xeito, entidades como Petón do Lobo e Salvemos Cabana tamén están a preparar as súas obxeccións ao proxecto e veñen de dar comezo cunha tarefa divulgativa indispensable para informar á veciñanza da problemática e procedementos a seguir durante o período de exposición pública, que deu comezo o pasado 11 de novembro e rematará a finais de ano.

Veciños e veciñas da zona manifestan a súa inquedanza polo tremendo impacto ambiental do Parque eólico O Cerqueiral

Para a Asociación Petón do Lobo, ao igual que noutros proxectos semellantes, no parque eólico O Cerqueiral está a producirse unha transformación urbanística a prol da promotora e en detrimento da veciñanza e das comunidades rurais afectadas pola súa instalación, que coa nova cualificación urbanística «perden capacidade sobre da xestión de usos nos solos rústicos de protección de augas, de protección agropecuaria e de protección forestal».

A Asociación Salvemos Cabana considera, pola súa banda, que o Plan Sectorial Eólico está claramente «desfasado» en canto á protección paisaxística e supón un obstáculo para o desenvolvemento sostible e ordeado do rural, recalificando, contra o interés xeral, algunhas das paisaxes máis emblemáticas da Comarca de Bergantiños como solo industrial cun beneficio «innegable» para a empresa, pero prácticamente «nulo» para a poboación.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El Plan Corazones Seguros de la UE: cuando la política de salud pierde el norte geopolítico

Bruselas tiene un problema con los ultraprocesados. O, más exactamente, tiene un problema con su…

2 días hace

El medio suizo ZE!TPUNKT se hace eco del manifiesto por la bondad radical de Spanish Revolution y Resist.es

Una publicación internacional recoge la propuesta nacida en España que plantea la bondad como acto…

2 días hace

Trump, el hombre que nos obligó a defender a la Iglesia (y por eso lo odiamos más)

Cuando el ruido político cruza una línea, hasta sus propios aliados religiosos empiezan a bajarse…

2 días hace

NACIONAL | Rubén Sánchez anuncia que llevará de nuevo a los tribunales a los agitadores ultras con 4 nuevas causas judiciales

Frente directo contra la difamación organizada en redes La estrategia ya no es solo denunciar…

2 días hace

NACIONAL | Un ayuntamiento promocionando criptomonedas: el caso de Pilar de la Horadada, en Alicante

La cesión de espacios públicos y la difusión institucional de un curso sobre criptoactivos desatan…

2 días hace

NACIONAL | La Justicia investiga al alcalde de Móstoles y señala al PP por no actuar ante una denuncia de acoso

El caso expone fallos internos, presiones y una gestión que deja en el aire la…

2 días hace