Cornado Mina Non considera lamentable que o delegado galego está a facer do ICOG ao apoiar o proxecto comercial de Atalaya Mining e Cobre San Rafael e apostan pola neutralidade dunha institución que consideran «debería ser de referencia» ao representar a unha profesión «indispensable» a nivel social.

Para o Colectivo veciñal Pablo Núñez Fernández «parece esquecer» que «o cobre non forma parte da lista de materias primas sinaladas como críticas pola Comisión Europea» e que «non é lícito mezclar» o seu interese particular como empregado da multinacional coa utilización interesada do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG) a prol do proxecto mineiro, cancelado pola Administración autonómica e maioritariamente rexeitado pola sociedade galega.
Valoran que, en realidade, a súa aposta pola «minería sostible» non é outra «que o soporte ao negocio de Atalaya Mining e a súa filial» nun plan extractivo «recoñecido polos seus moitos problemas», a meirande parte dos cales son «insalvables» na práctica a nivel ambiental.
Ademáis, consideran que «non deixa de soprender a continua manipulación das cifras diante da opinión pública«, pois si o pasado mes de marzo desde Cobre San Rafael falábase en prensa de 200 millóns de euros de investimento para a mina de Touro agora Pablo Núñez eleva esta cifra ata os 2.500 millóns, para o grupo veciñal «hai que supoñer que confiando na estupidez da audiencia ou na súa mala memoria».
Tal e como fixo constar a plataforma en novembro, califican de «totalmente inaceptable» o feito de que como empregado como empregado de Cobre San Rafael e tamén membro da súa asociación instrumental de «Mineiros Touro O Pino», Núñez esté a falar en nome de todas as xeólogas e xeólogos colexiados de Galicia «cando nin todos saben que isto acontece a prol do interese económico particular dunha empresa nin por suposto todos están a favor», porque aparte das tarefas de exploración e investigación mineira este colectivo profesional tamén traballa en moitos outros ámbitos diferentes, como en centros de ensino de educación media e superior ou ciencias como a vulcanoloxía ou oceanografía, «contextos sen dúbida indispensables a nivel social que nada teñen que ver coa búsqueda do máximo rendimento económico para o negocio privado dun pequeno grupo de investidores».