Cornado Mina Non considera unha auténtica «tomadura de pelo» que as dúas empresas promotoras do plan mineiro, Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas falen de satisfacer a través da súa instrumental Cobre San Rafael «as condicións ambientais máis estrictas» cando «o seu pasado  de actividade está cheo de incumprimentos e sancións administrativas».

Desastrosa situación ambiental no río Ameneiro-Lamas provocada pola actividade da mina de Touro / Creative Commons

Dende o colectivo pregúntanse como é posible construir «o mellor proxecto industrial-mineiro de Europa», como afirma o CEO de Ayalaya Mining, Alberto Lavandeira, cando a empresa que comanda acumula expedientes sancionadores, coma o que a Junta de Andalucía lle impuso á mineira en 2016 por graves incumprimentos en materia de seguridade laboral e protección medioambiental por superar o volume de pó en suspensión na carga e o vaciado de estériles nas entulleiras da mina onubense de Riotinto, que se suman ás sancións recibidas ao longo de anos por verteduras no autorizadas ao dominio público hidráulico. Neste senso, foron os propios técnicos de Goberno andaluz os que advertiron do perigo de caida e volcado nas operacións de vertedura de estériles en depósitos e taludes que carecían de estudos xeotécnicos de estabilidade.

Doutro lado e tan só dous anos máis tarde, o Tribunal Superior de Justicia de Andalucía anulou a autorización ambiental do proxecto por obviar o procedemento de «exposición pública». Ademáis, segundo se expuxo en sede xudicial no seu momento, a mina «incumpriu as condicións impostas logo de verter lamas ao 70% ás balsas mineiras, provocando filtracións na base dos muros polo efecto das chuvias».

Nestas circunstancias -para a agrupación veciñal nun exemplo de libro de Greenwashing-, dende a empresa fálase agora de «balsas de residuos totalmente revestidas de plástico de descarga cero», «obviando que a instalación obligatoria de xeotextiles non suluciona en moitos casos o problema das verteduras na minería a ceo aberto».

EXPLOTACIONES GALLEGAS, MÁIS DO MESMO

Pola súa banda, segundo informa Cornado Mina Non, «si Atalaya Mining ten un pasado cheo de incumprimentos, non hai máis que botar unha ollada ao de Explotaciones Gallegas para darse conta de que calquera proxecto que plantexen estas empresas vai ser problemático tanto para o medio ambiente como para a propia poboación».

De feito, Explotaciones Gallegas S.L. «acumula expedientes sancionadores», coma os dous impostos en 2018 e 2019 de 20.000 e 30.000 euros respectivamente polas vertedudas de augas residuais por desbordamento ao río Brandelos á altura da corta mineira de Bama. En total, nos últimos anos a mercantil recibiu de Augas de Galicia ata catro expedientes sancionadores que superan os 60.000 euros.

Estas gravísimas irregularidades remataron no xulgado tras a actuación da Fiscalía, que tomou cartas no asunto logo das reiteradas verteduras da balsa de Bama ao río Brandelos, afluente do Ulla, e as verteduras tóxicas da balsa de Angumil ao dominio público hidráulico.

O NOVO PROXECTO DA MINA DE TOURO É INVIABLE A NIVEL AMBIENTAL E SOCIAL

Tendo en conta estes feitos, para Cornado Mina Non «a realidade é que ni Atalaya Mining nin Explotaciones Gallegas como copartícipes da empresa instrumental Cobre San Rafael están en condicións» de falar públicamente de conceptos como «minería sostible», «minería responsable» ou de elaborar proxectos «con filosofía de vertedura cero» cando «nin tan sequera son capaces de aplicalos na súa actividade cotiá».

Neste senso, dende o colectivo afirman que «a mineira parece olvidar que a Adminstración galega xa se posicionou por dúas veces en contra da reapertura da complexo mineiro» afirmando que «non garantizaba a sostibilidade ambiental» e a seguridade para a saúde humana e os ecosistemas logo de recibir informes técnicos «desfavorables» e «insalvables» da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Aguas de Galicia.

DEJA UNA RESPUESTA