Borrador automático

Victoria Portas
Relaciones Laborales e experta en Seguridade Social
Membro de COESPE e MODEPEN


A Lei de Estabilidade Orzamentaria ou tamén coñecida Lei Montoro do ano 2012 foi unha lei orquestada por Bruselas co fin de impoñer un control por parte do Estado dos gastos a niveis locais e autonómicos como precepto do artígo 135 da Constitución.

A Lei Montoro non deixa de ser unha política de intervención do PP sobre as entidades políticamente incómodas a niveis municipais e autonómicos, e non é mais que a aplicación do artígo 155 sobre os concellos que non podían controlar e na líña marcada pola política neoliberal da UE.

A propia Airef (Autoridade Independente de Responsabialidade Fiscal) responsable de vixiar as contas públicas, recoñece que dita Lei de Estabilidade nunca tivo sentido de ser, pero menos que se siga aplicando actualmente cando xa que máis de 8.000 concellos españois teñen máis aforro que débeda.

Os Concellos son realmente as entidades do Estado que máis ingresos estables obteñen e menos sensibles ao ciclo da economía, e dicir, os ingresos por IBI ou Imposto de circulación non deixan de pagarse en caso de recesión, e máis aumentan a súa cuantía.  Por elo a Lei Montoro o que fai  e que a máis alto o superávit das contas do Concello, máis se debe dispoñer para o pago da débeda e non a gastos ou inversións sociais.

En definitiva, é unha lei que ata de máns e pes as corporacións municipais, unha lei que da a liberdade o Estado de custodiar os noso impostos para pagar a débeda dos bancos, pero prohibe os nosos concellos invertilo en servicios sociais, paralización casi por completo  obras de escolas Infantís, polideportivos, do arranxo de  rúas, centros de maiores, lei de dependencia, e un sinfín de etc.

Unha lei que non deixa convocar emprego público e que si permite que se faga mediante empresas polas mesas de contratación, e decir, unha lei que  impide a municipalización de servizos que son aboados a través dos impostos da cidadanía ( lixo, auga, axuda a domicilio, alumeado…), aínda cando éstos supoñen un aforro no erario público, pero que permite a subcontratación para enriquecemento de mans privadas. Como as empresas de Florentino Pérez que se fan con servizos públicos a baixo coste, que o compensan cun mal servizo (persoas maiores mal atendidas en residencias) e que repercute nos salarios e condicións laborais dos traballadores de ditas empresas ( as traballadoras do servicio doméstico mal pagadas e incluso sen cobrar) para beneficio propio.

O goberno da dereita sacouse unha lei do bolsillo para levar a cabo as privatizacións encubertas que xa non estabamos dispostos a permitir e trasladarlle a responsabilidade de incumplimento ante a súa cidadanía as Corporacións Municipais.

A cidadanía debemos ser conscentes do roubo que se nos está a perpetrar, esixir Políticas Sociais e acompañemos as corporacións na loita pola excarcelación dos recursos dos concellos e na devolución da dos servicios básicos a cidadanía , que suporía mais investimentos nas vilas, na súa xente, nun futuro máis sostible e digno.

Non podo calar cando vexo que os Estado beneficia os grandes capitais a costa dos nosos impostos e logo dí que non hai cartos para Sanidade, Servicios Sociais, Dependencia, Empleo, Educación, Pobreza Infantil… en definitiva nun Estado de Benestar Social que todas e todos construimos.

Deja un comentario