A deputada do BNG formulou hoxe unha pregunta sobre as condicións de cesión para uso do antigo instituto de Viana do Bolo á fundación privada, Cipri Gomez no 2012, naquel momento gobernado o concello polo alcalde, Andrés Montesinos que cedeu a “título gratuíto” o antigo instituto á fundación a través dun “procedemento escurantista” e ás costas da veciñanza de Viana e seus representantes políticos. A concesión por 30 anos representa, en opinión da nacionalista, “unha privatización encuberta” da infraestrutura pública.

Pasado un ano, engadiu, continuamos sen resultados sobre a cesión e utilización dos fondos europeos da Fundación Cipri Gomez beneficiada con 200.000 euros dos programas Leader. Presas lembrou que a entidade foi xudicializada “por fraude e delito continuado de falsidade en documento mercantil” polo que volveu a preguntar: si a Xunta coñece as funcións comprometidas pola Fundación para xustificar os recursos económicos concedidos a través da Agader e os fondos Leader.

A XUNTA CONFIRMA QUE OS FONDOS DA FUNDACIÓN CIPRI GOMEZ ESTÁN SENDO INVESTIGADOS POR FISCALIA

Pola súa parte, o Director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto afirmou que o procedemento se atopa na Fiscalía ao que a deputada respondeu que de ser así, “estamos ante un caso grave” polo que preguntou se a Xunta ten previsto pedir a devolución dos fondos.

A deputada criticou as escusas da Xunta de Galiza para non levar adiante “unha auditoría” cando en realidade era coñecedora da investigación da fiscalía “ ocultando esta información”:

Original Article

Deja un comentario