Solicitan á Inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo a comprobación inmediata das incidencias e a depuración das responsabilidades ante os numersos incumprimentos da normativa, así como a adopción inmedita «das oportunas medidas de prevención e protección que a situación require».
Según expoñen no seu escrito de denuncia, a organización asistencial por parte da Estructura de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde para Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos está a ser «lenta e insuficiente» e que os traballadores e traballadoras do ámbito sanitario, cualificados como de «risco» están a contar na realidade «cun nivel de protección inferior a outros colectivos».
Para os denunciantes, o procedemento de actuación do SERGAS está a levarse «en base a criterios obsoletos», dado que en este momento se coñece que un dos maiores riscos é precisamente «a capacidade de contaxio das persoas asintomáticas ou con síntomas leves».
Segundo indican, o pasado 20 de marzo dende o Servizo Galego de Saúde enviouse un correo electrónico ao personal sanitario non facultativo no que aínda que se indicaba a necesidade de manter unha distancia de seguridade mínima «nas salas e no relevo» obrigábase a realizar «encamados» sen os medios de protección necesarios.
Doutra banda, sinalan que «está a darse a circunstancia de que o persoal de transporte sanitario conta, na maioría dos casos, con maiores medios de protección que o persoal do propio hospital» e que isto supón un risco non só para os traballadores e traballadoras, senón para os propios doentes e as súas familias.
Asemade, e «en contra do criterio indicado para o resto da poboación», ao persoal que estivo en contacto con casos de coronavirus confirmados «estáselle a dicir que igualmente ten que vir a traballar» cando nin tan sequera se dispón dos medios de protección adecuados, facendo referencia non só ao persoal santario, senón ao persoal de limpeza, administrativo e de cociña, o que está a provocar «un estrés emocional grave».
Dende a Xunta de Persoal e sección sindical da CIG, sinálase que urxe dotar de material a todas as traballadoras e traballadores do centro, tanto luvas de nitrilo como mascarillas de seguridade, batas desbotables e gafas de protección porque tal como se está a xestionar a crise do Covid-19 por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo no referente ao ámbito de saúde pública «non está a procurarse o risco de contaxio» obviando os criterios preventivos máis básicos en materia de saúde laboral para evitar a propagación da enfermidade.
Por todos estes motivos, veñen de solicitar ao Ministerio de Traballo e Seguridade Social a verificación destes particulares e a depuración de responsabilidades ante os numerosos incumprimentos da normativa así como a toma inmediata das medidas de protección que sexan pertinentes.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…