O goberno do Partido Popular non ten previsto aprobar o Plan Forestal no Parlamento de Galicia e por este motivo En Marea pide que o plan sexa levado a debate plenario e que se teñan en conta as opinións dos grupos políticos e tamén dos representantes dos distintos ámbitos do sector forestal galego, xa que prentende aprobar o Plan Forestal sen contar con parte dos implicados no sector e sen ter en conta a oposición.

En Marea presentou una proposición non de lei no Parlamento de Galicia, firmada polos deputados Davide Rodríguez, Francisco Casal e Antón Sánchez, para que o goberno non poida aprobar o plan forestal sen pasar polo Parlamento. A formación pide que o goberno leve este Plan Forestal ao debate plenario de maneira que se cumpra a petición de numerosos integrantes dos sectores forestais sobre a necesidade de que o Plan Forestal de Galicia se fixera de xeito colaborativo para xerar maiores valores para a sociedade galega.

Asociacións do sector forestal, sindicatos agrarios, comunidades de montes, organizacións políticas, asociacións ecoloxistas, etc… puxéronse en contacto coa Xunta de Galicia para instala a que a revisión do Plan Forestal de Galicia se fixese de maneira colaborativa, para ser tal de xerar os maiores valores para a sociedade galega. Xunto cos sectores forestais, En Marea pide que o plan sexa capaz de aproveitar as oportunidades dos próximos anos e responder eficazmente aos retos e problemas que presenta.

En Marea pide que o plan sexa sometido á consideración, debate e aprobación do Parlamento de Galicia

Segundo explicou Davide Rodríguez, a Xunta fixo xusto o contario e “non incluíu ningunha das aportacións recibidas e acaba de publicar un Plan Forestal de maneira unilateral”. Para o deputado por Ourense “Isto está a producir un profundo rechazo en todos os sectores afectados, tanto empresarial como socialmente”.

A orde da Xunta sobre este plan, con data do 5 de xullo de 2018, publicouse no DOG a orde do 28 de xuño de 2018 pola que se aprobou inicialmente a primeira revisión do Plan forestal de Galicia e se abre o trámite de información pública, abrindo o prazo de consultas pero sen intención ningunha de levalo ao Parlamento de Galicia para ser aprobado.

Nas recomendacións á dirección xeral de ordenación e produción forestal para a redacción de dito plan feito por sindicatos agrarios, CCMMVVMC, Asc. Ecoloxistas, Asc. Do Sector Forestal ou organizacións políticas, entre outros, pedíase someter o Plan Forestal de Galicia a consideración e aprobación do Parlamento de Galicia a fin de dotalo da lexitimidade necesaria para asegurar a súa permanencia no tempo, máis esta aportación non foi recollida. Por este motivo, En Marea pide que o plan sexa sometido á consideración, debate e aprobación do Parlamento de Galicia.

Deja un comentario