As Comunidades de Traídas de Augas afectadas polo macro proxecto comercial asociado á cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo e a Comunidade de Montes de Tameiga, que en conxunto representan a máis de 2.000 familias, esíxenlle á responsable municipal «que pida desculpas polas súas mentiras» e «por todas as falsas acusacións vertidas contra eles pola dirixente do Partido Popular».

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos (Pontevedra).

Segundo anuncian, o xulgado de Porriño ven de arquivar todas as denuncias de Arévalo contra a veciñanza de Mos quitándolle a razón na súa postura amenazante contra a veciñanza, pois «non houbo nin estafa, nin suplantación, nin ningún delito dos que se acusou aos veciños durante a campaña das pasadas eleccións municipais».

As dúas entidades insisten en que «unha e outra vez a Xustiza arquiva as denuncias» da rexedora, «deixando claro que son mentieras». Pero aínda así, a alcaldesa non recúa na súa campaña de acoso á veciñanza de Mos, «malgastando diñeiro público en poñer denuncias a todo aquel que alza a voz contra o seu macro proxecto», que en sede parlamentaria xa foi calificado de «pelotazo urbanístico».

As comunidades recordan que «con esta xa suman tres veces» as que a Xustiza desestimou as denuncias de Nidia Arévalo, e agora «volve desmontar toda esta artimaña electoral baseada nunhas graves acusacións contra diversos integrantes das directivas das Comunidadades de Traídas de Augas, da Comunidade de Montes de Tameiga e contra o resto de forzas políticas que concurrían ás pasadas eleccións municipais».

Por este motivos, as entidades cuestionan a representatividade de Arévalo a fronte do Concello de Mos, tendo en conta «que gañou unhas eleccións a base de mentiras, inventándose unha estafa para descalificar aos demais partidos» e apostan porque algo así non volva suceder no futuro.

Necesitamos tu ayuda para seguir ofreciendo Contrainformación. No queremos depender de bancos, publicidad o grandes empresas. Si te gusta lo que hacemos, invítanos a desayunar una vez al mes para que podemos seguir ofreciéndote nuestro trabajo
¿Prefieres hacer un ingreso directo? Aquí puedes hacerlo: Triodos Bank: IBAN - ES0714910001283000114479    

DEJA UNA RESPUESTA