Abeledo insta ao Equipo de Goberno a tomar medidas para evitar que as casas de apostas teñan publicidade visible dende os espazos públicos en Narón.
Abeledo recorda que fai ben pouco o pleno de Narón aprobou por unanimidade a Moción de EU para controlar a proliferación das apostas online e casas de xogo e pedir que se tomen medidas para a prevención da Ludopatía.
Despois da aprobación desta Moción, dase o caso de que nas inmediacións do noso Concello abriu unha destas casas de apostas, que incumpre claramente o punto QUINTO dos acordos da Moción, e entendemos que tamén o CUARTO.
CUARTO: Instar ao Goberno Local a que estudie a revisión das ordenanzas para introducir limitacións urbanísticas a implantación de locais de apostas nas inmediacións de espazos  frecuentados pola infancia, a adolescencia e a xuventude, como os centros educativos, culturais, deportivos ou xuvenís.
QUINTO: Instar ao Goberno Local a que, a través da Ordenanza de Publicidade, regule a eliminación de calqueira carteleira do mobiliario urbano ou do espazo público de este tipo de establecementos, ceñindose exclusivamente aos carteis do propio local incluíndo unicamente o nome e sen ningún tipo de publicidade.
Este só un exemplo da necesidade de que as administracións sexan máis áxiles e rápidas a hora de regular e lexislar.
André Abeledo advertiu durante o Pleno de que a Ludopatía é un problema real. Unha enfermidade que destrúe economías familiares e tamén persoas.
No caso das apostas o xogo pode deixar de ser un xogo para ser un drama.
As administracións deben tomar medidas, tratase de protexer a nosa xuventude e de non permitir que se normalice o xogo e as apostas como si fosen unha inocente e inofensiva actividade lúdica.
O xogo patolóxico é unha adicción que consiste na perdida de control do comportamento en relación ao xogo. E pode ter graves consecuencias para as persoas, problemas académicos, económicos, sociais…
A quen máis afecta é a clase traballadora. Que normalmente non pode acceder a un traballo estable dado o enorme paro crónico.
Animase a nosa xuventude a arriscar as súas rendas gañadas en traballos precarios.
Tampouco é admisible que as casas de apostas aumenten os beneficios e deixen as familias e ao conxunto da sociedade a obrigación de costear integramente o tratamento das persoas que quedan enganchadas.
É de xustiza aumentar a contribución que os beneficios destas empresas teñen que facer ao conxunto da sociedade.
É o momento de que as diferentes institucións adapten a normativa a realidade social, económica, e tecnolóxica da actividade do xogo.
Debe ser agora, antes de que a Ludopatía convértase nunha lacra sen retorno para a nosa sociedade e a nosa xuventude.

DEJA UNA RESPUESTA