• ACE xuntouse hoxe con colectivos que traballan no eido do benestar social e a igualdade, como ADICAM, o comedor social, ADIFCA, Asociación ELA, Asociación Púrpura, Xiria e AGAL entre outros.
  • O programa de ACE caracterízase por unha forte aposta polo eido social e o feminismo como elemento transversal en todas as propostas.

Alternativa Canguesa de Esquerdas vén de xuntarse no día de hoxe con diferentes colectivos que traballan no eido social e a igualdade, axentes que, en opinión de ACE fan unha gran labor imprescindible no concello.

Dende ACE queren que a inversión en protección e promoción social continúa subindo como o fixo nesta última lexislatura conscientes da sociedade empobrecida que temos por mor da crise. Para isto proponse implantar un sistema de medición da pobreza e a mesa pola inclusión social que atalle diferentes problemáticas como a pobreza enerxética, o illamento e soidade das persoas maiores ou a accesibilidade a persoas con discapacidade. En canto á pobreza infantil destácase a continuación dos comedores escolares no verán, a bonificación das cotas culturais e deportivas, a rede de colaboración para cubrir gastos básicos e a prioridade ós seus pais e nais na bolsa de emprego.

Apóstase tamén por garantir a continuidade do comedor social, adquirindo cantos compromisos sexan necesarios para unhas mellores prestacións do mesmo.

En canto á vivenda social ACE quere traballar na vía da recuperación das vivendas de Espiñeira e Nazaret para destinalas ós colectivos menos favorecidos como poden ser persoas maiores soas, familias desempregadas, familias monoparentais ou vítimas de violencia machista.

Alternativa Canguesa de Esquerdas amosa especial sensibilidade coa protección das vítimas de violencia machista, polo que é fundamental a creación dunha comisión para a elaboración e posta en marcha dun Plan Municipal para a Erradicación da Violencia conta as mulleres; apostando por acordos de colaboración con outros concellos, darlles prioridade na bolsa de empregos, aposta pola formación nos centros educativos buscando a erradicación da violencia así como a creación de vivenda social de maneira interinstitucional para ás vítimas.

Por último, ACE observou unha suba no consumo de droga e un aumento das casas de apostas que afectan principalmente á mocidade da nosa vila. Para erradicar ambas cousas ACE comprométese á sensibilización desta problemática, programas preventivos no eido educativo e familiar e derivar ás persoas drogodependentes á tratamentos de rehabilitación sempre que sexa posible. En canto ás casas de apostas proponse máis vixilancia a este tipo de locais e limitar, na medida do posible, a expedición de licencias para novas aperturas

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario