Redacción Galiza

Preto de cumprirse o prazo de finalizarse o contrato de recollida e tratamento do lixo coa empresa Recolte, en concreto o 30 de abril; ACE-Son e ACB-Son (Bueu) consideran oportuno dirixirse ás corporacións locais de Cangas, Moaña e Bueu, concellos que constitúen a Mancomunidade do Morrazo para que, debido á urxencia deste asunto, estuden aprobar os seguintes puntos:

  1. Acordar a prórroga do contrato de recollida e tratamento do lixo ata o 31 de decembro do 2018.
  2. A efectos do cumprimento do contrato, a data 30 de xuño do presente ano, comezar o procedemento de revisión mediante a emisión dos correspondentes informes técnicos e comprobación do estado de conservación no que se atopan as obras e instalacións e elementos auxiliares do contrato, así como o seu funcionamento.
  3. Urxir a contratación do estudo técnico-económico de viabilidade, dando prioridade á xestión pública deste servizo fronte á economía especulativa.

ASINADO:

XULIO VILLANUEVA GONZÁLEZ

AURORA PRIETO GAGO

XURXO GONZÁLEZ CONDE

ACB-SON    ACE-SON

Deja un comentario