- Alternativa Canguesa de Esquerdas vén de manter una xuntanza con colectivos de pensionistas da vila, para recoller as súas demandas e presentar o programa en materia de benestar social.
- “Desexamos a integración das persoas maiores na vida da vila como suxeitos activos, e en contra do illamento e soidade ós que habitualmente se vén sometidas, e para elo e en coa colaboración cos servizos sociais, promoveremos o envellecemento activo e saudable.”
- Comprometémonos a continuar dando o noso apoio nas institucións e nas rúas ás súas demandas e reivindicacións; tanto na petición de derrogación das dúas reformas en pensións así como nos recortes dos coeficientes dos mariñeiros, mariscadoras e redeiras.
O 20% da veciñanza de Cangas é maior de 65 anos, e co aumento da esperanza de vida esta porcentaxe irá en aumento, pero que unha persoa sexa maior de 65 anos non quere dicir que non sexa precisa para a sociedade. Non creemos no illamento dos maiores, nos “fogares de pensionista” nin na súa presencia testemuñal para encher espazos públicos, é obvio que a situación actual de este colectivo é moi distinto o que algún día representaba dito colectivo.
Victoria Portas apuntou que estas persoas “teñen que ter un envellecemento activo e saudable, un dereito ao ocio, formación, cultura, práctica de actividades físicas e deportivas que fan que poidan intervir activamente na vida económica, social, cultural e política da nosa vila.”.
Para isto, ACE propón, entre outras cousas, a inclusión de Cangas na Rede de cidades amigables coas persoas maiores, proxecto creado pola OMS onde participan moitas cidades doutros puntos e que busca a integración activa deste colectivo.
Tamén apostarase pola evolución e información das situación de necesidade social e a resolución das situacións, ningunha persoa en necesidade ou risco de exclusión social debe quedar desprotexida, poderíamos falar de :
- Medio de transporte para aquelas persoas maiores soas, sen recursos ou enfermas.
- Implantación do programa participativo mirada activa, que é un proxecto enfocado a unha colaboración comunitaria para paliar a soidade das persoas maiores.
- Reforzar o SAD (Servizo Axuda a Domicilio), reforzalo en horas e servizos para que as familias poidan levar a cabo a conciliación familiar e laboral cando no seu fogar existen dependentes. E pola outra banda, a mellora laboral das persoas que levan a cabo dita actividade social tan necesaria.
- O control das situación de necesidade ou risco de exclusión social: cubrir as súas necesidades básicas e principalmente a pobreza enerxética.
- Ademais de actividades culturais, musicais e de lecer.
Estamos en contra das residencias privadas as cales a maioría da veciñanza de Cangas non poderían acceder por cuestión económicas. Portas engadiu que “sacar a persoas dependentes ou maiores do seu entorno crea problemas severos de saúde; afastarte da túa xente e da túa casa provoca un maior desarraigo. Nós promoveremos un estudo motor de alternativa á convivencia”
A vivenda a alternativa das residencias serían apartamentos a través do aluguer social, conmutación do aluguer, compra a través de cooperativas ou recuperación de edificios. Todo isto serviría para dotar de servicios comúns (lavandería, comedores ou robotización das vivendas entre outros); acadando así un aforro en materia enerxética dende o principio de solidariedade e cooperativismo.
“Reiteramos que o noso apoio está garantido na loita da recuperación do dereito fundamental que é ter pensións dignas e suficientes, así como a loita contra as pensións por baixo do limiar da pobreza” concluíu Victoria Portas.