O caso chegou de novo esta semana á Camara galega grazas á moción presentada polo Grupo Parlamentario de En Marea, que entre outras cuestións tratou tamén sobre a necesidade por parte do Goberno autonómico de mudar as políticas mineiras da Xunta cara un modelo estritamente respectuoso coa lei no que os principios de precaución e sostibilidade sexan prioritarios.

O desastre ambiental provocado pola rotura da balsa mineira de Brumadinho, no sur de Brasil, provocou 235 vítimas mortais / Wikimedia

No texto defendido o martes polo vivevoceiro da formación Antón Sánchez e ao que puido acceder contrainformacion.es pedíase sen ambaxes a desestimación definitiva do proxecto de reapertura da mina de Touro “por ser insostible ambientalmente e perigosa para a vida das persoas do entorno”. 

O tamén portavoz nacional de Anova explicou que o Goberno de Feijóo “porfía en apoiar un proxecto de enormes dimensións a poucos metros dos núcleos de poboación”, recordando que as balsas de lodos da explotación terían respectivamente 125 e 95 hectáreas, unhas dimensións “moito máis grandes” que a balsa que causou o drama humano na mina brasileña de Brumadinho, facendo referencia ao desastre ambiental provocado pola rotura dunha balsa mineira o 25 de xaneiro deste ano no sureste do país, cando rebentou un dique de contención de augas residuais dunha explotación da multinacional Vale S.A. provocando 235 vítimas mortais, sendo a segunda catástrofe ambiental protagonizada pola empresa en menos de catro anos.

Sánchez recordou que “a propia documentación do proxecto admite un risco alto de falla, e a consecuencia da falla serían vidas humanas e un drama medioambiental” que chegaría mesmo ata a ría de Arousa” -aseverou o vicevoceiro de En Marea-. “E si non hai falla casi seguro que haberá filtración como as que houbo nos últimos en Touro que contaminen para os vindeiros 100 anos todos os acuíferos e como saberemos a empresa non estará aí para restaurar, para vixiar nin para previr a contaminación, será con diñeiro público, como se está facendo agora” -insistíu-. 

Consultado por este diario, o deputado confirma que este proxecto mineiro, maioritariamente rexeitado pola poboación galega, está a poñer en risco a vida de veciños e veciñas de Touro, O Pino e outras localidades limítrofes, que vivirán de xeito permanente coa ameaza dunhas balsas de grandes dimensións que no caso de fallar “poderían provocar moitas mortes ademáis dun enorme dano ambiental”. 

Por iso, dende En Marea, Antón Sánchez incidiu este martes na necesidade por parte da Xunta de “dar carpetazo” ao proxecto de reapertura da mina.Xa hai máis de dous anos que se comenzou co procedemento deste proxecto. Hai dous anos que se lle leva dado á empresa oportunidades de demostrar o indemostrable, que este proxecto é viable e é unha actividade sostible“.

DEJA UNA RESPUESTA