A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que a actuación da Xunta, coa entrega a mans privadas dos centros xeriátricos para convertilos en «negocio», foi clave no «altísimo» número de casos de mortes e contaxios nestas instalacións.

A entidade recorda que «as deficientes condicións, o déficit de persoal e a mala xestión, só centrada no beneficio económico e non no benestar das persoas internadas», foron factores decisivos para que as mortes nestes centros representen o 40% dos falecementos a nivel galego.

Unhas deficiencias -alertan-, que foron denunciadas por numerosas institucións como o Consello de Contas e a Valeduría do Pobo ademáis de traballadores dos centros e os propios familiares.

Para a asociación, «a Xunta de Galicia non exerceu o seu deber de vixilar e supervisar as adecuadas condicións de estas institucións», recordando que «o nivel de contaxios e mortes é moi superior nas residencias privadas que nas públicas».

Por este motivo, consideran como «inaceptable» que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, que fixo «recortes inadmisibles»no público, pretenda agora obter «un beneficio electoral» da pandemia do coronavirus «utilizando a maquillaxe e a terxiversación da realidade».