Encontro

Esta semana celébranse dúas datas importantes para o noso planeta, o día Mundial do Medio Ambiente e o día dos Océanos. Amigos da Terra quere poñer este ano o foco na problemática dos plásticos para o medio ambiente, os nosos mares e para a nosa saude.

Activistas de Amigos da Terra estarán esta semana en diferentes municipios costeiros da provincia de Pontevedra diante de grandes supermercados coa acción Plastic Attack, coa que pretenden sensibilizar ás persoas consumidoras do sobreenvasado das súas compras, dos impactos de todos estos plásticos no medio ambiente e da existencia de moitas alternativas de moi fácil integración nas súas vidas, que axudarían a revertir a situación dun xeito moi notable.

A iniciativa Plastic Attack forma parte do movemento denominado #DesnudaLaFruta, ao que se sumou Amigos da Terra e que busca que a cidadanía extenda este tipo de accións por toda a xeografía e denuncie a través de fotografías nas redes sociais o ridículo e grave que pode chegar a ser este sistema se envases supérfluos e de un so uso, envasando un plátano nunha bandexa de poliexpan, cando un plátano xa ten o seu propio envase natural.

Ademáis, en Galicia, de todos os plásticos que se poñen no mercado, nin sequera un 15% chega a ser reciclado, isto significa que acaban en vertedoiros, incineradoras e o que é peor, nos nosos montes, ríos e mares, despilfarrando así toneladas de recursos naturais precisas para fabricar elementos cunha vida útil de non máis de 10 minutos e con fácil sustitución.

Segundo o Programa Medioambiental de Nacions Unias (UNEP), cada ano chegan ata 12 millons de toneladas de estes residuos aos nosos mares, provocando danos moi graves á fauna mariña e intriducíndose na cadea alimenticia a través dos microplásticos. Segundo as previsións, se a situación continúa como ata o de agora, no 2050 haberá máis plásticos que peixes no mar.

Para frear esta situación é imprescindible reducir drásticamente a produción de plásticos e eliminar todos aqueles que sexan dun so uso, tal e como ademáis obriga a Comisión Europea na nova Directiva de plásticos pendente de ser aprobada nas vindeiras semanas.

Amigos da Terra quere invitar a Supermercados e grandes empresas a sumarse á moda do Residuo Cero e a que ademáis de promover a reciclaxe nos seus establecementos, poñan a disposición da cidadanía cada vez máis produtos a granel e menos envases innecesarios e perxudiciais para as persoas e o medio ambiente.

Datas e lugares das accións:

6 de xuño –De 12,00h a 14,00h- supermercado Eroski ( Eirado do Sinal) ,Cangas do Morrazo.

6 de Xuño- De 17,00h a 19,00h- supermercado Gadis (Av. Montero Ríos)- Bueu .

 

Deja un comentario