O río Sil baixa estes días, e por motivo das obras de construción que se estan levando a cabo no encoro de San Pedro, falto de caudal que asegure a pervivencia da flora e da fauna do mesmo. Estes feitos que foron denunciados por un particular a Amigos da Terra e complementados por fotografías, puxéronse en coñecemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que investiguen as causas que motivaron a perda do caudal do río, e se cumpla co caudal ecolóxico.

A altura do encoro de San Pedro, nos Cañóns do Sil e onde se están a facer obras de aproveitamento hidroeléctrico por empresas privadas ás espensas das cuestionables autorizacións administrativas, baixa un pequeno caudal de augas grises que fan perigar dun modo alarmante a flora de ribeira e as especies faunísticas.

O uso das obras hidráulicas orixina de por sí, unha regulación artificial de caudais que afecta profundamente á fauna píscicola e flora de ribeira.

As obras hidráulicas son tan abundantes nesta zona dos Cañóns do Sil que a xestión dos recursos biolóxicos e hidrolóxicos deben enfrontarse con frecuencia á problemática que estas obras orixinan e en concreto, á cuantificación dos caudais circulantes mínimos capaces de mantér os ecosistemas dos tramos de río regulados.

A crecente demando social dun medio ambiente máis limpo impuxo na planificación hidráulica a consideración de que nos canles regulados circulen, a lo menos, uns “caudais ecolóxicos” ou “caudais mínimos medioambientais”. As Confederacións Hidrográficas fixan o caudal ecolóxico en base a uns criterios meramente hidrolóxicos que nada teñen que ver coa conservación do contorno do Sil. A Lei de Augas obriga á Confederación a fixar o caudal ecolóxico en todos os ríos e reflectilo nos Plans Hidrolóxicos, cousa que non sempre acontece e iso que a auga é un recurso cada vez máis escaso que debe xestionarse estritamente para a súa conservación, non so como recurso en si, senon como hábitat das diferentes especies.

Deja un comentario