BNG | Redacción Galiza

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualificou de “lamentable” que o PP impida comparecer no vindeiro pleno a Alfonso Rueda para explicar “que vai facer a Xunta” ante a folga da Xustiza. Pontón acusou a Rueda de manter unha  postura “prepotente e intransixente” que está a  impedir o desbloqueo dun servizo básico durante  case tres meses.

A nacionalista explicou  que a Xunta mostrou en todo momento “falta de diálogo” e denunciou  que non é de recibo que a Xunta manteña unha cadeira valeira na mesa de negociacións, nunha mesa, dixo,  “que busca a solución a unha folga de case tres meses”. Rueda e o conxunto do Partido popular teñen que baixar desa “prepotencia” coa que enfocaron dende o minuto cero a situación. “Deben tender a man para desbloquear a xustiza” porque é a súa intransixencia a que está a provocar que o conflito se enquiste. O goberno, “ten que buscar unha solución e deixar de poñer atrancos para permitir   unha saída digna”

Deja un comentario