Borrador automático

A portavoz nacional, Ana Pontón, que arrancou xornada de campaña en Ourense, amosouse convencida de que a corrente de simpatía cara o BNG vaise converter nun gran apoio electoral o 26M e, salientou que, un bo resultado do Bloque nos concellos é a antesala da derrota de Feixóo en poucos meses nos comicios galegos.

“Nesta recta final de campaña notamos como medra a corrente de simpatía cara o BNG cun proxecto, solvente, unido, cohesionado, renovado que ofrece unha alternativa para esta país porque en 2020 imos ter eleccións galegas e un gran resultado do BNG nas municipais é a antesala da derrota do PP de Feixóo na Xunta”.

Pontón fixo un chamamento a concentrar todo o voto nacionalista, galeguista, inconformista no BNG, “porque temos un modelo municipal que funciona, capaz de transformas vilas e cidades a favor das persoas e o demostramos alí onde gobernamos, que creamos dinamismo económico, social e cultural, apostando polo orgullo do noso, e a mellor aposta para un cambio transformador é o BNG”.

“Son unhas eleccións decisivas para os concellos pero nas que tamén nos estamos xogando un futuro mellor. Hai cansazo de ver como as cousas nin avanzan, ni melloran”, explicou, “e cando falamos de políticas municipais é o BNG quen ten un modelo transformador que funciona en cidades e en concellos de  perfís moi diferentes e iso é unha garantía de que hai outra forma de facer política, de que hai outra Galiza posible e quen demostra que ten un proxecto para construír esa outra Galiza posible é o BNG”, recalcou.

Desde Ourense, a portavoz nacional, Ana Pontón, destacou “a seriedade e solvencia” do proxecto para a cidade da man da candidatura que encabeza Luís Seara, e pediu “concentrar todo o voto nacionalista, galeguista e inconformista” no Bloque porque é “a aposta segura” para darlle a cidade o cambio real que precisa.

“Seara representa o cambio transformador para deixar atrás estes catro anos desastrosos para Ourense, co peor goberno da súa historia recente e cunha oposición que tampouco estivo á altura”. “Esta cidade non se merece máis parálise porque está perdendo oportunidades cun PP que só demostrou soberbia e incompetencia e que conduce Ourense á deriva”, indicou no almorzo informativo na cidade das Burgas.

Por iso, apelou ás persoas “decepcionadas” co que pasou no mandato: “somos a súa aposta segura”, recalcou, facendo un chamamento “a concentrar no Bloque” todo o voto da veciñanza que non quere elixir nin entre desencanto, nin entre o vello bipartismo PP-PSOE.

O BNG suma, o localismo, non

Pontón salientou, ademais, o valor extra do voto ao Bloque porque non só garante un cambio real no concello senón que suma para desaloxar a Baltar da Deputación, algo que non aportan as candidaturas localistas. “Tamén para as persoas que queren democratizar a Deputación teñen no BNG a mellor opción”. “Non somos flor dun día, temos traxectoria e historia”, concluíu.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario