Converter a inutilidade das forzas estatais nunha oportunidade: a de darlle voz propia a Galiza para facer valer no Estado os intereses dos e das galegas. Con ese obxectivo, proclamou a portavoz nacional, Ana Pontón, o BNG sae a por todas para colocar Galiza na axenda política do Estado a partir do 10N.
“Imos a por todas para converter a decepción en ilusión, esperanza e confianza e ter voz no Congreso da man dunha forza propia que, está demostrado, é a única maneira de conseguir que as necesidades, aspiracións e soños da xente deste país cobren forza. Ese é o compromiso do Bloque: dar a cara polos intereses dos e das galegas”, salientou no acto de apertura de campaña cos e coas candidatas cabezas de lista ao Congreso.
Tras o espectáculo destes meses e o historial de discriminación das forzas estatais, “hoxe hai miles de persoas que teñen clarísimo que Galiza gana cando o BNG está no Congreso, que ven no 10N a oportunidade de facer algo diferente: apoiar ao BNG para defender unha axenda de país que nos faga avanzar, que acabe con tanta discriminación e pasotismo para facernos valer no Estado. En definitiva, para conseguir un futuro mellor”.
Pontón dirixiuse ás persoas que poden estar “desesperanzadas” para dicirlles que hai alternativa “se optamos por defender o noso dándolle voz propia a este país da man da única forza que xoga a favor de Galiza”
A líder nacionalista deixou claro que, nun escenario sen maiorías absolutas, a representación do Bloque será decisiva e permitirá condicionar a política do Estado a favor deste país: solucións a un sector industrial en crise, a favor dos 22.000 usuarios que a diario soportan a estafa da AP9, a favor dos 200.000 mozos e mozas emigradas, darlle alternativa ás mulleres que reclamamos igualdade, ou para afrontar os desafíos ambientais e sociais.
Pontón subliñou que o Bloque “é a alternativa” ao bipartidismo PP-PSOE, expertos en dicir unha cousa na oposición e facer a contraria cando gobernan ou ante un Podemos que pactou os peores orzamentos do Estado para Galiza en vinte anos. “O BNG nunca lle fallou a este país”, recalcou.
Apelou as persoas “desencantadas e cabreadas” porque viron como o voto as forzas estatais traduciuse, unha vez máis, en 23 deputados e deputadas electas “que non actúan en defensa de Galiza senón que van a Madrid a facer o que lle mandan os seus xefes de filas”.
Fracaso tamén das forza da esquerda, que continuaron co mesmo ninguneo do PP a Galiza, e ademais foron “inútiles” na defensa dos dereitos e das liberdades: aí seguen intactas a Lei Wert, a Lei Mordaza e as contrarreformas laborais. Nin dereitos socias, nin Galiza.
“A todas esas persoas pídolles que esta vez fagan algo diferente: que aposten polo BNG, porque somos a garantía de que defenderemos unha axenda de país e un axenda social de dereitos e liberdades e democracia. Ese é o compromiso dunha forma con palabra, que sempre estivo aí e nunca se equivocou de lado: o lado de Galiza, dos e das galegas”, concluíu.
La controvertida regeneración del complejo extractivo situado entre los Ayuntamientos de Carballo y Malpica de…
La victoria de António José Seguro frente a André Ventura confirma que la unidad democrática…
Una idea difusa que sacude a la izquierda confederal, choca con las siglas y deja…
La policía migratoria de Trump desembarca en Milán como gesto de fuerza geopolítica mientras el…
Qué significan realmente sus exigencias para gobernar Aragón Vox no está pidiendo sillones. Está exigiendo…
Ghislaine Maxwell usa el silencio como moneda de cambio mientras el poder político estadounidense se…