Desde Lugo, a portavoz nacional, Ana Pontón, instou @s galeg@s a darlle unha contundente resposta nas urnas a dobre “inutilidade” das forzas estatais con Galiza, “porque nin foron capaces de aportar solucións os problemas deste país, nin foron capaces de dar solucións os problemas das persoas. Convertamos o 10N na oportunidade de darlle a este país unha voz que defenda os seus intereses ante o Estado”.

Na cidade da murrallas, Pontón pediú a confianza da veciñanza que obtou o 26M pola candidatura de Rubén Arroxo: “pedimoslle a confianza a todas as persoas que apostaron polo BNG nas municipais porque sabían que era o mellor para Lugo, e agora o mellor para Galiza e para Lugo é que Olalla Rodil sexa deputada para que dea a cara en Madrid por esta provincia”.

Tras facer un chamamento a concentrar no BNG “todo o voto de país, dos nacionalistas, galeguistas, das persoas que queren que Galiza se faga valer e, ao mesmo tempo, políticas de progreso neste país”, Pontón fixo un repaso dos incumprimentos e da discriminación das forzas estatais, desde o agravio do bipartidismo PP-PSOE, – que di unha cousa e a contraria segundo que se sente na Moncloa-, até un Podemos que fala de “acento galego” pero que se sumou ao ninguneo pactando co goberno de Pedro Sánchez os peores orzamentos do Estado para Galiza en vinte anos.

Acto Lugo“A discriminación das forzas estatais con Galiza é un virus tan contaxioso como o da gripe, ironizou.

En relación a Lugo, fixo referencia ao déficit das infraestruturas, en particular ferroviarias, “todo mundo sabe a dificultade de desprazarse por tren nesta provincia”; ao retraso de 30 anos na contrución da autovía Lugo-Santiago; á eterna demanda do xulgado específico de violencia machista na cidade e, sobre todo, ao escándalo de que haxa 2.000 empregos en xogo na provincia na factoría de ALCOA polos custes enerxéticos, incomprensible nun país que exporta electricidade a esgalla.

“Non é de recibo que sigamos coa estafa eléctrica e como sendo grandes produtores de enerxía haxa nesta provincia 2.000 postos de traballo en xogo en ALCOA polos custes da electricidade. Iso é responsabilidade do PP e do POSE, os primeiros porque foron os autores dunha lexislación que nos levou a esta situación e os segundos porque a mantiveron. Non é de estrañar se temos en conta quen se senta nos consellos de administración das eléctricas, – Aznar e González-, facéndose ricos mentre en Galiza hai miles de empregos en risco”, denunciou.

“Un auténtico espolio do que tamén é culpable o señorito dos peares, -ironizo-, polo seu veto constante a tarifa eléctrica galega”, por iso, declarou, “hoxe queremos deixar aquí un compromiso moi claro, que a representación do BNG no Congreso ímola usar para defender que non se pode acabar co emprego de ALCOA, que ten que haber unha tarifa electrointensiva e unha tarifa eléctrica propia, e ninguén máis nestas eleccións pode comprometerse a iso. Polo tanto, exerzamos como galegos e como galegas collendo a papeleta do Bloque Nacionalista Galego”, concluíu.

A cabeza de lista da candidatura do BNG ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, expuxo que “a decisión máis importante que temos que tomar este 10N é se queremos seguir mirando o que outros deciden por nós ou tomar as rendas da nosa propia vida. Converter Galiza nun actor da política do Estado. Como país, con voz e voto, con capacidade para intervir e condicionar os debates para situar na axenda política os nosos dereitos e intereses, os problemas que levan décadas lastrando o noso desenvolvemento. E iso só pode facelo o Bloque Nacionalista Galego porque non nos debemos a ninguén máis que a este país”.

Pola súa parte, a candidata nacionalista evidenciou os incumprimentos das forzas de obediencia estatal en materia de infraestruturas e puxo como exemplo a liña Lugo-Monforte. “Acaso algunha das forzas estatais esixiu que calquera acordo político tiña que pasar inescusablemente porque Lugo deixe de ter un tren do século XIX? Que AVE nos veñen vender se aínda temos a vía sen electrificar”, preguntouse Olalla Rodil.

Xulgado de violencia machista

“Acaso algunha das forzas estatais reclamou para esta cidade un xulgado exclusivo de violencia machista? Como levamos anos reclamando”, continuou Rodil, que lembrou así outra das demandas do BNG para a cidade, un xuglado específico con persoal especializado e formado e espazo propios para atender ás vítimas”

“Veñen a este país coma quen vai pescar votos. Pero Galiza non é un caladoiro. Somos un pobo digno, traballador, honesto. Non somos máis que ninguén pero tampouco menos.Este país merece máis que ser espectadora, merece ser protagonista e escribir a súa historia.E para iso temos que facernos valer, confiar en nós mesmas, na nosa capacidade”, arengou durante a intervención.

Sumar por Lugo

Olalla Rodil puxo a Lugo como exemplo da política transformadora do BNG. “Cando confiamos en nós as cousas melloran. Dicían que era imposible. Que a onde ía o Bloque? Pois darlle a volta a esa cidade, poñer Lugo a funcionar e liderar un proxecto que nos permita gañar o futuro e mirar con orgullo esta cidade sacándoa da parálise absoluta na que a tiñan”, sostivo.

E pechou a súa intervención cun chamamento de cara aos días que restan de campaña “Queda unha semana por diante para petar en cada porta, para falar con cada veciño e pedirlle confianza. Pero non confianza no Bloque senón en si mesma. Temos que sumar, temos qeu ser máis para que nos escoiten. Para pór Galiza e Lugo no mapa”.