Categorías: Uncategorized

Ana Pontón: “Pediremos no Parlamento a reprobación dos xuíces da sentenza machista da “Manada” O BNG amosa a súa indignación ante “vergoñenta” sentenza da «Manada»

BNG | Redacción Galiza

A portavoz nacional, Ana Pontón, abriu as xornadas de traballo organizadas polo BNG en Pontevedra baixo o título Retos desde Galiza para avanzar en feminismo proclamando o seu orgullo de vivir nun país que sae á rúa para deixar claro que as mulleres non están dispostas a calar ante sentenzas “que destilan o máis rancio machismo xudicial” alentando a impunidade dos violadores e deixando indefensas ás vítimas.

Ante o fallo xudicial do coñecido como caso da manada, Pontón anunciou que o Bloque vai levar á Cámara galega unha proposta de reprobación dos xuíces que ditan a sentenza ao entender que se trata dun caso de machismo xudicial que afecta a todas as mulleres.

“Rexistraremos iniciativas no Parlamento para reprobar a estes xuíces machistas, reclamar que as agresións sexuais sexan xulgadas como casos de violencia de xénero e promover os cambios que sexan necesarios para que os xuíces que emiten sentenzas machistas, -porque está non é a primeira nin é a única-, teñan que ser apartados da carreira xudicial”, argumentou Pontón.

A dirixente do Bloque alega que esta sentenza “non é un problema puntual ou individual, senón un caso máis de machismo xudicial que nos afecta a todas, e non imos permitir que nin a manada, nin os xuízos que amparan a súa violación se saían coa súa. Xustiza é a que trata con dignidade ás mulleres”, salientou. Pontón quixo tamén enviar unhas palabras de alento e solidariedade coa moza que denunciou os feitos: “Nós si que te cremos, a ti e a todas as vítimas das agresións sexuais”.

Para a portavoz do BNG “non valen as equidistancias” nin as cortinas de fume en forma de debates sobre o código penal. “Que se cambie o que se teña que cambiar pero tamén é evidente que coa actual lexislación eses cinco machotes podían ter sido condenados por violación cando menos ao 22 anos de pena que solicitaba a Fiscalía, e non se pode tolerar que as mulleres sexamos tratadas como cidadáns de segunda, xa está ben de soportar tanta discriminación”.

Para loitar contra esa discriminación e contra un poder xudicial “ao servizo do machismo, do patriarcado e de manter o status quo”, Pontón ve imprescindible “fortalecer o feminismo organizado en Galiza e un feminismo forte no ámbito político, e o BNG está disposto a situar ao feminismo no centro do debate tendo en conta as particularidades dun país que non ten poder político real”.

Feminismo no ADN do BNG

“Iso provoca que soportemos máis paro, peores salarios, emigración e se hoxe no Estado se puxera cara á desigualdade sería a dunha muller galega pensionista, síntoma de que a dependencia política que soportamos fai necesarias propostas específicas sen caer nun feminismo de corta e pega que non atenda a nosa realidade, non para afastarse senón para ampliar as zonas de contacto que nos permitan entender as causas da desigualdade e combatelas”, explicou a dirixente do Bloque.

Pontón lembrou que o feminismo está na “base fundacional” do BNG, que foi esta forza política á que en 1996 impulsou desde o Congreso a despenalización do aborto e que foi tamén o Bloque quen,  desde o Goberno da Xunta, fixo posible en 2007 a Lei e violencia de xénero máis avanzada de todo o Estado convertida nunha referencia.

A xornada Retos desde Galiza para avanzar en feminismo celebrouse nun contexto de mobilización masiva do pasado 8M e no medio da onda de indignación social contra sentenzas xudiciais que desamparan ás vítimas de violencia machista.

Coordinada polo responsable de Acción Feminista, Noa Presas, contou con tres grupos de traballo e de debate: Accións e mobilizacións a realizar, a cargo de  Carme Fouces e Sabela Bará; Participación e implicación no feminismo, por Rebeca Cambeiro e Concha de la Fuente e Conciliación dos tempos das nosas vidas, por  Elvira Lombao e Ana Gundín.

 

Galiza

Somos a sección galega de Contrainformación.es. Actualidade, ecoloxía e opinión sobre a nosa terra.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

3 meses hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

3 meses hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

3 meses hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

3 meses hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

3 meses hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

3 meses hace