Categorías: Galiza

Ana Pontón pide a PP e PSOE que se poñan do lado de Galiza apoiando o rescate da AP-9

BNG somete a debate no próximo Pleno do Parlamento unha proposición non de lei na que reclama o rescate da concesión da AP9, despois de que a Comisión Europea declarase ilegal as sucesivas prórrogas  aprobadas desde 2013, a última de 25 anos baixo o Goberno de Aznar, autor tamén da privatización a prezo de saldo e co actual presidente da Xunta como conselleiro de infraestruturas.

“O BNG sempre denunciou que as peaxes da AP9 son unha estafa e unha discriminación con Galiza, de aí a súa persistente reclamación dunha autoestrada galega e libre de cargas. Pero agora temos un elemento novo sobre a mesa moi substancial: O goberno europeo declara que a concesión actual é ilegal e iso implica que os galegos e as galegas pagaron 1.091M€ de xeito ilegal á AUDASA”, argumentou Pontón.

Para o Bloque, esta declaración de ilegalidade “só pode ter como desenlace a cancelación da concesión e o rescate para ter unha AP9 libre de peaxes, como xa o son as autoestrada coetáneas”, indicou a líder nacionalista, quen ve nesta iniciativa parlamentaria unha “oportunidade de que PP e PSOE rectifiquen e se poñan do lado de Galiza apoiando esta proposta, en lugar de adoptar unha posición partidista ou de seguidismo do que se decide en Madrid”.

As concesións son ilegais e ambos executivos, tanto o Goberno central como o goberno galego, “deben traballar para anulalas e rescatar a AP9, sobre todo tendo en conta que a autoestrada está requeteamortizada”, recalcou. Pontón avanza que o BNG non vai aceptar o argumento de que o rescate non é posible, porque xa se fixo con outras vías de alta capacidade.

“O Goberno do Estado  rescatou as radiais madrileñas por máis de 4.000 M€, por tanto non se entendería  que agora PP e PSOE puxeran problemas cando se trata dunha autoestrada galega. Ao contrario, en todo caso, débenlle unha desculpa os e as galegas por unha decisión que tivo e ten un custe moi elevado nas súas economías e na do País, unha decisión que agora, ademais, sabemos que é ilegal”, conclúe.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

NACIONAL | Juicio a Ábalos en el Supremo: corrupción, pandemia y poder en el corazón del Gobierno

Un caso que arranca con las primarias del PSOE en 2017 y desemboca el 7…

1 día hace

NACIONAL | Resist.es lanza el ‘Manifiesto por la bondad radical’: una respuesta frente al negocio del odio

En un contexto de polarización creciente, la iniciativa denuncia cómo el miedo y la desinformación…

1 día hace

Alto el fuego en Irán, ridículo estratégico de Trump y el patrón TACO que vuelve a repetirse

Un acuerdo de última hora que evita la guerra y deja en evidencia la amenaza…

1 día hace

NACIONAL | Vídeo | Lamine Yamal, racismo en el fútbol y el silencio cómplice de las instituciones

Insultos, pasividad y un sistema que solo actúa cuando le conviene: qué revela el caso…

1 día hace

La paz selectiva: alto el fuego entre EE.UU. e Irán, pero Israel arrasa Líbano mientras el mundo cierra los ojos

Dos semanas de tregua que excluyen a un país entero mientras las bombas siguen cayendo…

1 día hace

NACIONAL | Vídeo | Caso Kitchen: el PP niega su propia guerra sucia mientras Interior se sienta en el banquillo

El partido intenta desvincularse de una trama policial financiada con fondos públicos que operó bajo…

1 día hace