Na multitudinaria manifestación contra o anunciou do peche de ALCOA e permanencia dos postos de traballo celebrada hoxe na cidade da Coruña, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pediu ao Goberno galego “levantar o veto e iniciar o debate no Parlamento galego para poñer en marcha a tarifa eléctrica galega”.

Resulta “inconcibible” dixo Pontón, que a estas alturas, nun país como Galiza, “excedentario en produción eléctrica”, 400 `postos de traballo podan desaparecer tras o anuncio da factoría ALCOA. Unha decisión que afectará a 400 familias e a un gran número de postos indirectos que tamén corren o risco de perderse, dixo, “por culpa dunha regulación eléctrica que prioriza os intereses das empresas eléctricas e marxina a Galiza”.

Para nós, manifestou, resulta “indignante” o veto á proposta da tarifa eléctrica galega que nos permitiría hoxe non estar nesta situación xa que “abarataría o prezo da luz”. Unha tarifa, explicou, como a que xa existe no Estado español e non vemos que “en Euskadi haxa unha soa empresa electrointesiva que marche para outro territorio por culpa dos prezos da electricidade”.

Ana Pontón na manifestación de AlcoaA portavoz do BNG insistiu na necesidade de abrir o debate sobre a aplicación dunha tarifa propia porque todos os galegos e galegas, asegurou, temos dereito a beneficiarnos dos nosos recursos como a electricidade pola que pagamos un “importante custe ambiental, social e económico” que despois non reverte en Galiza.

“Non é lóxico nin solidario” seguir poñendo en perigo postos de traballo por intereses das empresas eléctricas e do centralismo”. A tarifa eléctrica é “unha cuestión de país e esta batalla ímola gañar”, apostilou.

A delegación do BNG, encabezada pola líder nacionalista, Ana Pontón, a eurodeptutada Ana Miranda, o deputado no Parlamento galego, Xosé Luís Rivas, o candidato á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera e cargos institucionais e membros da dirección, amosou o seu apoio ás demandas dos traballadores e traballadoras e asegurou que “ALCOA non se pecha nin permitiremos que se perda un só posto de traballo”.

O PECHE DE ALCOA, NOVA ESTOCADA AO TECIDO INDUSTRIAL DA CORUÑA E COMARCA

Pola súa parte, o candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera alertou das consecuencias que o peche de ALCOA pode producir na comarca. Esta decisión sería “unha estocada máis no desmantelamento no tecido industrial” e lembrou que nos últimos anos, A Coruña perdeu empresas emblemáticas porque pecharon ou por que o seu capital pasou a mans foráneas como aconteceu co Banco Pastor, Caixa Galicia, R, Carmelo ou Unión Fenosa. A esta “lista de defuncións” non podemos permitir engadir ALCOA, manifestou.

Para o candidato do BNG, A Coruña debe ter vocación de ser o motor económico de Galiza e para iso é necesario manter o tecido industrial e que a sociedade coruñesa se mobilice e impedir este peche froito, explicou Jorquera, dun “marco regulatorio aberrante”, á marxe dos intereses de Galiza e con practicas “chantaxistas e mafiosas dunha multinacional”


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario